Actividades animación á lectura

ANDAINA CAMIÑO SANTIAGO: PONTE DE SAA - PÍGARA

CARTAZAndainaInsuaBermudezENDL

MICRONOVAS PRIMAVERA CON IKER E RUBÉN

Concerto Pablo Díaz e Rubén na Casa de Manuel María o próximo sábado,16 de marzo.

Mandade un correo electrónico ao enderezó que aparece no cartaz, para reservar a entrada que custa 2€, e se fai efectiva ao recollela.

ENTROIDO 2019 NO INSUA : SONS DA NOSA TERRA

CARTAZ ENTROIDO INSUA 2019: SONS DA NOSA TERRA

CartazInsuaBermudezENDL2019EntroidoProxectosSonsdaNosaTerra

VIDEOTITORIAL PARA CONFECCIONAR O TEU TRAXE DE ENTROIDO: SONS DA NOSA TERRA 2019

Montaje creado Bloggif

 

ORDES DO MECO NON ACUMULATIVASA PARA

A SEMANA DE ENTROIDO 2019 

Montaje creado Bloggif

 

  • As ORDES DO MECO NON SERÁN ACUMULATIVAS

LUNS - CHICHO OU PINZA NA TUA TESTA
MARTES - ZAPATOS DIFERENTES 
MERCORES - ROUPA DE DURMIR
XOVES - COA CARA PINTADA
VENRES - O DISFRAZ SONS DA NOSA TERRA de CADA CURSO 

 

NADAL 2018-19 NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

CartazNadal18-19InsuaBermudez

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E DIA DA DISCAPACIDADE

 

3 dec Cartaz Día Discapacidade Insua Bermúdez 2018

 

APROXÍMASE O SAMAÍN AO INSUA BERMÚDEZ

 

Cartaz_Insua_Bermudez

            Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades.

            Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase.

            O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor.

 Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro.

OS PINTORES GALEGOS PROXECTO CURSO 2017-2018

Este curso 2017-2018 dende a Biblioteca do cole propúxose facer un proxecto con un tema en común, Proxecto Documental Integrado, que traballaríamos todos os nenos e nenas do cole dende nas diferentes aulas e abordándoo dun xeito global. O tema elexido foi "OS PINTORES GALEGOS", aproveitando que Antonio Insua Bermúdez foi pintor e que noso centro cumpría 40 ANOS pareceunos unha boa oportunidade para dalo a coñecer a toda a comunidade educativa.

O proxecto comezou coa elección por aulas dun autor ou autora, os artistas seleccionados foron: Ed. Infantil 3 anos Caruncho, Ed. Infantil 4 anos Leandro Lamas, Ed. Infantil 5 anos A Xulia Minguillón, Ed. Infantil 5 anos B Manuel Carballeira, 1ºA Carlos Maside, 1ºB Teresa Irisarri, 2ºA Jorge Peteiro, 2ºB Manuel Colmeiro, 3ºA Luis Seoane, 3ºB Laxeiro, 4ºA Xosé Vizoso, 4ºB Sabela Arias, 5ºA Maruja Mallo, 5ºB Xaime Quesada, 6ºA Isaac Díaz Pardo e 6ºB Castelao.

No primeiro trimestre afrontamos a biografía dos diferentes autores, partimos do que xa sabíamos, que era pouco ou nada,  e pouco a pouco fomos averiguando aspectos da súa vida. Para podes facer isto tivemos que consultar fondos bibliográficos tanto dixitais como en papel. Localizamos a obra, identificámola, buscamos o significado... Aprendimos vocabulario, conceptos novos, xeografía, estilos artísticos...

No segundo trimestre visitamos museos nos que había algunha obra dos diferentes pintores como Carlos Maside, Museo Provincial de Lugo, Museo da Coruña...

No terceiro trimestre concertamos visitas dos pintores ao colexio, organizamos unha pequena exposición da obra de Antonio Insua Bermúdez e fixemos intercambios entre aulas para que todo o alumnado coñecese aos artistas traballados.

Aquí podedes ver o noso museo e algún dos traballos que realizamos

 

                     Montaje creado Bloggif   

 

Ed. Infantil 3 anos CARUNCHO

Montaje creado Bloggif

  

Ed. Infantil 4 anos LEANDRO LAMAS

Montaje creado Bloggif 

  

Ed. Infantil 5 anos A XULIA MINGUILLÓN

Montaje creado Bloggif

  

Ed. Infantil 5 anos B MANUEL CARBALLEIRA

Montaje creado Bloggif

  

1º A Carlos Maside 1º B TERESA IRISARRI

Montaje creado Bloggif 

  

2º A JORGE PETEIRO

Montaje creado Bloggif 

  

3º A  LUIS SEOANE 3º B LAXEIRO

Montaje creado Bloggif 

 

4º A XOSÉ VIZOSO

Montaje creado Bloggif 

  

4º B SABELA ARIAS

Montaje creado Bloggif 

 

5º A XAIME QUESADA 

Montaje creado Bloggif 

 

5º B MARUJA MALLO 

Montaje creado Bloggif 

 

6º A ISAAC DÍAZ PARDO

Montaje creado Bloggif

 

6º B CASTELAO

Montaje creado Bloggif

SUPERCONCERTO DE PABLO DÍAZ NO INSUA BERMÚDEZ

Cartaz concerto Pablo Díaz Insua Bermúdez endl biblioteca

ENTROIDO ARTÍSTICO NO INSUA BERMÚDEZ

CartazEntroidoENDLInsuaBermudez

 

 ORDES DO MECO DO ENTROIDO ARTÍSTICO 2018 NO INSUA BERMÚDEZ

Montaje creado Bloggif

Distribuir contido