O centro

Renovamos a participación no programa "Introducción á robótica educativa en primaria"

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución definitiva dos centros que se incorporan neste curso 2018/19 ao programa de innovación Introdución á robótica educativa en primaria, un total de 50, o que supón que en Galicia dispoñen xa destes kits de robótica subministrados pola Xunta un total de 159 colexios públicos. Deles, 77 renovan ou continúan o proxecto do curso anterior e 32 participarán cun ampliado do ano pasado (isto é, recibirán unha nova dotación de robots e complementos de construción), ao abeiro desta última resolución publicada, que se pode consultar no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26343 .

En concreto a dotación que recibirán os centros – tanto os de nova incorporación como os que amplían recursos– consiste en 6 robots Mbot (modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de uso e guía didáctica.  Os destinatarios destes materiais son alumnos de 4º, 5º e 6 de Primaria.

Como sabedes, o noso centro participou neste programa o pasado curso e ampliáronnos a participación tamén para este 18-19.

Suspéndense as actividades no exterior hoxe 6 de novembro

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe, a partir das 12:00 horas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica do suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra da Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 00,00 horas de mañá mércores. 

Esta é a información que aparece na páxina da Consellería de Educación esta mesma mañá: ver o enlace seguinte http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26354

Felicitación de nadal

PARA TOD@S VÓS...

 

Distribuir contido

Back to top