Artigos

Fomentamos hábitos de lectura

Este plan intenta integrar todas as intervencións do Centro destinadas ao fomento da lectura, escritura e  habilidades informativas ao longo de todos os cursos. Nel se deberá implicar todo o profesorado das distintas especialidades e ciclos.

Os obxectivos están relacionados co desenvolvemento da competencia lectora e literaria, a educación no uso crítico da información e a creación do hábito da lectura.

Para por en marcha este plan promóvense actividades en prol da lectura: mochilas viaxeiras, hora de ler, contacontos, feira do libro, club de lectura, utilización da biblioteca como recurso habitual da aula….

No Centro inténtase crear un ambiente propicio para conquerir bos lectores, dotanto de espazos, tempos e recursos necesarios á comunidade educativa.

Fomento da lectura

O Plan Lector é un proxecto que ten por obxectivo fundamental mellorar a competencia lectora e escritora do noso alumnado, e sobre todo despertar o interese e amor por a lectura como fonte de información e pracer.

Para desenvolver este proxecto están deseñadas unha serie de actividades que se levan a cabo, dentro e fóra das aulas: club de lectura, mochilas viaxeiras, tempo de ler, itinerario lector, biblioteca para pais, préstamos de libros, contacontos, entrevistas a escritores de contos galegos, exposicións.... Neste proxecto está implicada  toda a Comunidade Educativa.   

Foro de novidades e actividades

           

         O noso INSTAGRAM é

  ceip_carrasqueira_vigo

       Animádevos a coñecelo!

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan Dixital de centro

 

A leira de Carrás

A LEIRA DE CARRÁS

Escola de Nais e Pais

Biblioteca

Peque Carrasqueira

BLOG DE INFANTIL

 

Pais/Nais