AbalarMóbil

Pais/Nais

Alumnado

Iniciar sesión

A bitácora de sexto

SEGURIDADE VIAL en AMIO

O pasado xoves, 22 de febreiro, fomos ao recinto feiral de Amio para que o alumnado de 6º de Primaria aprendese conceptos de seguridade vial coa Policía Local de Santiago de Compostela. Algo de teoría e moita práctica con bicicletas e karts sobre un circuito urbano. Risa

FOMOS AO TEATRO PRINCIPAL

Este pasado martes, 30 de xaneiro, a clase de 6º EP asistiu no Teatro Principal de Santiago de Compostela á obra de teatro O neno Groba e Música, unha historia entrañable sobre un neno que atopa na música a súa mellor amiga.

TALLER de RCP BÁSICA

Hoxe, mércores 13 de decembro, o alumnado de 6º EP asistiu a un taller sobre RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar) básica, realizado por personal do centro hospitalario HM Rosaleda de Santiago de Compostela. Aprenderon conceptos básicos de primeiros auxilios, entre eles a postura de seguridade para alguén que está inconsciente, a RCP ou a manobra de Heimlich. Foi moi interesante e instructivo.Risa

 

5º e 6º FOMOS AO AUDITORIO

O alumnado de 5º e 6º foi o pasado venres 1 de decembro ao Auditorio de Galicia para asistir ao espectáculo musical Pulcinella e a máscara máxica coa participación da Real Filharmonía de Galicia. Foi un concerto xenial. Sorriso

 

C. SOCIAIS - TRABALLO dos PARQUES NACIONAIS

Xa tedes na libreta de C. Sociais as instrucións concretas sobre os apartados cos que debe contar o Traballo de C. Sociais. Aquí vos deixo o enlace da páxina-web do Ministerio onde están todos os Parques Nacionais, que son o máximo nivel de protección medioambiental. Premede no enlace e escollede o voso parque ...

REDE DE PARQUES NACIONAIS

 

DATA DE ENTREGA : 5 de decembro

C. SOCIAIS - Repaso da XEOGRAFÍA de ESPAÑA e EUROPA

Para que poidades repasar a xeografía física de España e de Europa, déixovos aquí uns enlaces da web DIDACTALIA.NET, que xa coñecedes.

 

                      Relevo de España                                    Ríos de España

 

                    Relevo de Europa                                     Ríos de Europa

 

Ademais, tedes moitos máis mapas interactivos que podedes empregar.