A bitácora de Infantil

ESPETADA DE FROITAS

Para rematar o 2º trimestre o alumnado de infantil merendou unhas riquísimas espetadas de froitas que eles mesmos elaboraron... quederes ver o proceso? 

 

 

DE FROITA de begoña

SAÍDA AO NUMAX

Bo día familias!

A semana pasada fomos de excursión ao cine Numax a ver a película "El Caracol y la Ballena", ademais de varias curtas de animación como "La hoja", "La pesca milagrosa" e "Al agua". Que ben o pasamos!! 

Aquí deixamos unhas fotos, esperamos que vos gusten!!

Saída Numax de Mari

EXCURSIÓN Á PANADERÍA DE BERDÍA

O pasado día 27 as nenas e nenos de infantil puidemos disfrutar dunha marabillosa excursión á panadería que nos leva o pan todos os días ao comedor, a Panadería de Berdía. Que emoción poder coñecer mellor o lugar onde nos fan o pan todos os días, ver como son os fornos e por suposto facer os nosos propios pans e xogar coa fariña. Ademais de poder facer o pan tamén puidemos merendar uns deleciosos croissants recén feitos con zume. 

Foi un gran día que gardaremos na nosa memoria. Moitas grazas por todo e polos agasallos!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da mañá. 

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA: ROSQUILLAS DE MAZÁ

Bo día familias!

Esperamos que esteades a pasar uns días fantásticos de Entroido. A semana pasada tivemos un obradoiro de cociña donde fixemos unhas rosquillas de mazá, quedáronnos deliciosas. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades todo o proceso. Esperamos que vos gusten!

 

SAÍDA AO TEATRO: TITIRICIRCUS

Bo día familias, 

Fai uns días fomos de excursión ao Teatro Principal a ver un espectáculo de títeres chamado Titiricircus. A pesar de que nos choveu un pouquiño polo camiño pasámolo en grande. Aquí podedes ver algunhas fotos, esperamos que vos gusten. Sorriso

DÍA DOS XOGUETES

 

O pasado venres as nenas e nenos de infantil disfrutaron dos seus agasallos de Reis e Papá Noel cos seus compañeiros e compañeiras da aula. Foi unha xornada moi especial onde compartiron cos resto dos nenos e nenas os seus xoguetes novos. 

Aquí deixamos algunhas das fotos deste día.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=DqZpiO4MgAnBCWKk2UY1

aniversarios de Vega, Julietta e Daniel

O inicio do 2º trimestre veu cargado de aniversarios na aula de 5 anos. A semana pasada celebramos os cumples de Vega e Juliettta e estes días celebramos o cumple de Dani. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños de todos xuntos. 

OBRADOIRO DE COCIÑA: ÁRBORES DE NADAL

Bo día familias!

Aquí vos deixamos un vídeo que recolle o ben que o pasamos cociñando a nosa receita. Ademais, se queredes, durante estas vacacións podedes probar a facelos na casa. Esperamos que vos guste!!

 

EXCURSIÓN AO AUDITORIO DE GALICIA

Clicade na imaxe para acceder a un breve resumo do da excursión.

 

 

 

Aniversario de Yago e Antía

Estes días na aula de 5 anos festexamos os aniversarios de Yago e Antía. Os benxamíns da clase xa teñen 5 anos! 

PARABÉNS!

 

Distribuir contido