CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Tags:

Este 23 de abril celebramos o Día do Libro. A UNESCO escolleu esta data porque tal día coma ese no ano 1616 coincidiu o falecemento de tres figuras literarias sen parangón: Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

ANIVERSARIO DE ROSALIA DE CASTRO

Tags:

O día 24 de febreiro conmemoramos o aniversario do nacemento dunha das figuras senlleiras da literatura galega: Rosalía de Castro. Pronto poñeremos as fotos na galería.


JOSÉ, O MELLOR CONSERXE DO MUNDO!!!!

Tags:

Coa chegada da primavera e a onomástica que a precede, as mestras e os nen@s de Ed. Infantil quixeron homenaxear a un membro moi importante do CEIP Arquitecto Casas Novoa: o noso conxerxe, José. Por suposto, os mestr@s de Ed. Primaria sumámonos a este recoñecemento con entusiasmo. Parabéns,José! Guiño

 

A DESFRUTAR DO ENTROIDO!!!

Tags:

Xa podedes ver as fotos da celebración do Entroido 2013 na galería, premendo no enlace. VER IMAXES NA GALERÍA

DÍA DA PAZ - VÍDEOS

Tags:

Aquí tedes os vídeos que faltaban para rematar coas celebracións do Día da Paz.

DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ    

CANCIÓN "LA MURALLA" 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Tags:

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, conmemorando o sextuagésimo quinto aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Pasámolo en grande!!!. Os nenos e nenas leron un "Decálogo para medrar en paz". O alumnado de EI recitou un poema e logo rematamos con moito "ritmo" coa canción "La muralla". Xa están as imaxes na galería.

VÍDEOS FESTIVAL DE NADAL 2012/13

Tags:

Xa podedes ver os vídeos do festival de Nadal picando nos seguintes enlaces:

 E. Infantil       1º Primaria     2º Primaria    3º Primaria     

4º Primaria     5º primaria     6º Primaria     6º Primaria - obra de teatro 

A  desfrutar!!!!

BO NADAL A TOD@S!!!

Tags:

Para ver na galeria as fotos do festival e dos adornos de Nadal, picade na imaxe.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Tags:

Xa temos o inverno enriba e nada coma un bo magosto para entrar en calor ... Pronto poderedes ver as fotos na galería.

XA CHEGOU O SAMAÍN!!!

Tags:

Como sempre por estas datas, xa está con nós o Samaín. Os alumnos e alumn@s pasárono de meeeeeeeeeeedo!!!. Xa podedes ver algunhas fotos na galería.

Distribuir contido

XOGOS EDUCATIVOS

Revista FURABOLOS