Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-25

Ceip Arquitecto Casas Novoa

 

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

CURSO 23-24

VACANTES

PRAZAS RESERVADAS (*)

TOTAL

SOLICITUDES PRESENTADAS

4º EI (3 anos)

20

3

20

 15

5º EI (4 anos)

6

 

6

  0 

6º EI (5 anos)

5

 

5

 0

1º EP

1

 1

1

 2

2º EP

1

 

1

 2

3º EP

0

 

0

 0

4º EP

3

 

3

  1 

5º EP

0

 

0

 1

6º EP

0

 

0

 0

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Reserva(*): Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

As vacantes e solicitudes iránse actualizando semanalmente.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024/25

Comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-2025. A continuación atópanse os arquivos relacionados con este proceso.

Poderedes consultar os prazos establecidos premendo en "CALENDARIO"

 

 Admisión  do día 1 ata o 20 de marzo

 Matrícula  do día 20 ata o 30 de Xuño

 

              Pódese consultar a distinta información  do proceso premendo nos seguintes adxuntos :             

                                     

            

ENTROIDO 2024

O pasado venres 9 de febreiro, celebramos no cole o Entroido. Desfilamos ataviados cos nosos divertidos disfraces, bailamos, xogamos e rematamos a festa cunha degustación de doces típicos da época que cada neno e nena achegou da súa casa.

MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

ESTABAN BOÍSIMOS!!!

Botádelle unha ollada á galería premendo na foto para ver os bos momentos que pasamos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

                          

                                                   VISITA O NOSO COLEXIO!

                                                          CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA

                                                   

                                                   XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

                                                     LUNS 4 DE MARZO ÁS 17:15

 

ENTROIDO 2024

                                                 

                                                           

DESEXOS POLA PAZ

Onte 30 de xaneiro, celebramos como todos os anos o Día da Paz. Pero neste curso, quixemos que os nosos desexos pola Paz se escoitaran un pouco máis e intentamos que permanezan no tempo escribíndoo nun lazo, que todo o alumnado pendurou na reixa da entrada ao cole. Ademais, achegámolo a toda a comunidade educativa convidándoa a que exprese o seu desexo pola Paz nos lazos que alí vos deixamos.

Tamén alzamos o noso berro a prol da Paz nunha morea de idiomas; decoramos e levantamos as nosas mans a favor da non violencia e, escenificamos cun mural da grafitera afgá Shamsia Hassani a impotencia ante o aumento de guerras no noso mundo. Botade unha ollada ás fotos que vos deixamos na galería, premendo nesta foto.

 

ÁLBUM FOTOS DE FIN DE ANO ´23

Aquí vos deixamos unhas fotos da gran festa do día de hoxe. Agardamos que vos gusten!

 

 E aquí o vídeo coas badaladas!

FESTA DE FIN DE ANO!

Mañá é o día de despedir este trimestre, e por iso chega á Sionlla:

 A FESTA DE FIN DE ANO!

Preparade as vosas mellores galas para despedir este 2023 e recibir ben o novo ano 2024.

 

Calendario de Advento. Nadal 2023

Chega decembro e con el a conta atrás cara ao Nadal. Por iso este ano queremos presentarvos o noso Calendario de Advento, onde nos días lectivos que restan para Nadal, poderedes ir descubrindo un vídeo sorpresa elaborado por cada aula. Tan só tedes que facer clic no día para poder visualizalo na nosa canle de youtube.

Comezamos hoxe venres, día 1 de decembro, e remataremos o día 21 cunha gran sorpresa para todos/as!

Agardamos que vos guste tanto como a nós, pois o alumnado e o profesorado puxo todo o seu esforzo neste traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut