O recuncho de Marronciña

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Marronciña tráenos as súas recomendacións lectoras para este Nadal e se os Reis Magos aínda non teñen encargados todos os agasallos seguro que lles pode interesar esta recompilación de libros.

Agardamos que vos sexa de utilidade.

 

BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2024!

 

 


 

Club de lectura "CAZADORES DE LIBROS"

O próximo 14 de decembro comeza de novo o club de lectura para o alumando de 5º e 6º de EP, e estas son as datas das reunións.

ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

O mes de abril é o mes dos libros, e no colexio non quixemos deixar pasar a ocasión de celebrar unha data tan importante para nós como é o Día do Libro. Por este motivo durante todo o mes estivemos a levar a cabo distintas propostas co fin de fomentar a lectura no noso alumnado. 

Aquí deixamos un breve resumo das actividades levadas a cabo, pero estade moi atentos porque en maio seguimos con novas actividades!

Moitas grazas a todos por participar!

 

Cream Colorful Imagine Books Illustration Vector World Book Day Video de begoña

contacontos 1º e 2º de primaria

Hoxe veu a colexio o autor e ilustrador David Rodriguez a contarnos un conto sobre o importante que son as avoas e os avós nas nosas vidas. Rematamos a actividade cunha canción sobre o conto. 

Aquí vos deixamos unha mostra do encontro. 

Día da Muller

O pasado mes de marzo estivemos a traballar o Día da Muller e que mellor xeito que facelo a través da mulleres que temos máis presentes nas nosas vidas, as nosas nais, avoas, madriñas... aínda que tamén houbo espazo para coñecer mellor a artistas, futbolistas.. que nos inspiran cada día.

Esta é a nosa pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que día tras día nos axudan a superarnos e medrar como persoas. 

 

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

O pasado día 8 de marzo tivo lugar un encontro na biblioteca  coa escritora María Canosa, autora do libro "Muriel, caos no laboratorio lácteo" que está a ler a rapazada do Club de Lectura e tamén da obra "A cazadora de estrelas" que leron as nenas e nenos do 2º ciclo de primaria. 

Aquí deixamos un resumo da actividade.

LECTURAS TERRORÍFICAS!

Deixamos unha mostra de fotos das lecturas terroríficas que crearon os nenos e nenas de primaria.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design