Skip to Content

Recomendacións

PARA LER NO VERÁN

Aquí tedes algunhas recomendacións de parte do Equipo de Biblioteca para que pasedes un verán estupendo desfrutando da lectura. Descargade o arquivo en pdf que figura xusto debaixo.

LIBROS RECOMENDADOS

Aquí vos deixo unhas poucas recomendacións para que os pequenos da casa pasen un bo rato lendo.

 

LECTURAS RECOMENDADAS

BILIOTECA DO CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA

Estimadas familias:

Dende o Equipo de Biblioteca, queremos informarvos das actividades que, neste trimestre levamos a cabo:

.- Adquisición e mostra de novidades editoriais.

.- Posta en funcionamento do club de lectura para o alumnado de 5º e 6º.

.- Celebración da semana da tradición oral.

.- Sesións de contacontos para o alumnado do centro, en colaboración co mestre de música: As clases de tuba e O gato lambón.

Gustaríanos tamén achegarvos as nosas recomendacións de lectura para os/as vosos/as fillos/as o Nadal, por se vos apetece agasallar nestas datas cun/s libro/s.

Queremos facer unha mención especial a dúas referencias imprescindibles no noso panorama literario. Unha sería a de Xosé Neira Vilas (03/11/1928 – 27/11/2015) e outra a de Manuel María Fernández Teixeiro (06/10/1929 - 08/09/2014 ), falecido xa hai unha década e ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas.

Dende a Biblioteca do centro recoméndamosvos: Os soños na gaiola de Manuel María e Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.

Na nosa Biblioteca estamos a realizar contacontos para o alumnado, por esta razón convidamos a un experto na materia, Anxo Moure que, no segundo trimestre do curso, nos presentará O paraugas dáme augas.

Pero ademais teremos a visita duns arqueólogos e de Pepe Carreiro, que nos falará da súa obra Historia de Galicia. Esta obra, de lectura obrigada para o alumnado do club de lectura (5º e 6º de Primaria), tamén se recomenda para 3º e 4º de Primaria, xa que están convidados/as ás actividades que se desenvolverán na biblioteca en relación con esta obra.

Pero temos máis recomendacións:

Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria:

.- Eduardo o neno máis terrible do mundo. John Burningham. Kalandraka.

.- Para facer o retrato dun paxaro. Jacques Preverd. Kalandraka.

.- O avó de Zulamair. Juan Carlos Méndez. OQO Ed.

.- Maruxa. Eva Mejuto. OQO. Ed

.- Moncho e a mancha. Kiko Dasilva. Kalandraka

.- Todos para uno y uno para todos. Brigitte Weninger. Ed. Vicens Vives

.- Elmer. David MacKee. Ed.Vicens Vives

.- A guerra dos números. Juan Dairén. OQO Ed.

.- O valente coello que quixo soñar. Miguel A. Alonso Diz. Ed. Nova Galicia

.- Alegría. Sérgio Tannus. Sonárbore Ed.

3º a 6º de Educación Primaria :

.- A nai do heroe. Roberto Mato e F.J. Mateos. OQO Ed.

.- Un anaquiño de horizonte. Arturo Abad, OQO Ed.

.- Moito Conto. Enrique Páez. OQO Ed.

.- Érase una vez Don Quijote. Miguel de Cervantes (adaptación de A. Sánchez Aguilar). Ed. Vicens Vives.

.- Otra vez D. Quijote. Miguel de Cervantes (adaptación de A. Sánchez Aguilar). Ed. Vicens Vives.

.- El bolsillo mágico. miriam Moss. Ed. Vicens Vives

.- A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel A. Alonmso Diz. Ed. Nova Galicia

.- 28 historias para rir. Úrsula Wölfel. Kalandraka

.- O neno bisesto. José L. Alonso de Santos. Kalandraka.

.- Tan grande como siete osos. Julie Colombet. Libros del Zorro Rojo.

Saúdos e Boas Festas! O Equipo da Biblioteca

LA UNIÓN HACE LA FUERZA

LA UNIÓN HACE LA FUERZA, Ed. Edelvives (Colección Animaliadas).

Muy recomendable para Ed. INfantil y 1º - 2º EP

BIBLIOTECA

CONTO: "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA"

Nesta ocasión a Editorial Kalandraka ofrécenos unha nova edición (libro con sons) deste divertidísimo conto, onde se narra a historia dunha toupiña que trata de averiguar a quen pertence eso que ten na cabeza.

Distribuir contido


by Dr. Radut