O Nadal con campás afinadas

Para esta última clase, empregamos as campás afinadas para interpretar estas dúas cancións de Nadal. Agardamos que vos gusten!

Novas incorporacións

Na aula de música ano tras ano intentamos ¨aumentar a familia¨ solicitando material á Consellería ou comprando novo material dende o centro co presuposto de aula.

Estas son algunhas novas incorporacións á nosa aula, que nos axudarán a seguir desfrutando e aprendendo da nosa materia.

AILÁ DE NADAL

Oito panxoliñas tradicionais compoñen Ailá de Nadal. O grupo de música tradicional Ailá acaba de lanzar este volume no marco da campaña Nadal en rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten o álbum íntegro na súa canle de Youtube.

Se queredes desfrutar destas panxoliñas bonitiñas recollidas con moito agarimo, podedes acceder dende a seguinte imaxe da portada do disco. Alí hai máis información así como as letras.

FOLERPIÑA!

FELICES FESTAS!

 

MARCHA TURCA, CON IPAI. 2º EP

Co alumnado de 2º de Primaria, estivemos traballando este musicograma de Fabricando Música que nos axudou a través de debuxos, a entender mellor a forma da Marcha Turca de Mozart.

Logo dunha escoita activa, escollemos entre todos/as que instrumentos podíamos encaixar para cada debuxiño do musicograma e o resumo foi o seguinte:

  • Ovos musicais para as V.
  • Maracas para os caracois.
  • Cascabeis para as naves.
  • Trigángulos para a tormenta.
  • Pandeiretas para as liñas co punto final.

BRINCADEIRA - 4 ANOS

Co alumnado de 5º de Ed.Infantil fixemos este baile brincadeira e pasámolo moi ben! Ademais de traballar a atención, o movemento, a concentración, o son e o silencio...

A ver que vos parece!

 

Magosto ´23

Para a celebración do Magosto do venres 10 de novembro, a aula de música colaborou cunha canción de Susa Herrera ¨A Castaña Viaxeira¨.

Cantámola todo o cole, por cursos e pasándonos a castaña dunha man a outra.

Aquí unha pequena mostra dese día!

 

Os esqueletos con instrumentos de placas

Con motivo do Samaín na aula de música estivemos facendo actividades relacionadas.

Neste caso o alumnado de 5º EP estivo preparando este arranxo de MªJesús Camino da tradicional canción Os esqueletos. Aquí deixo o resultado. Empregamos os xilófonos, metalófonos e carrillóns (ademais dun pandeiro para levar o ritmo).

Agardamos que vos guste!

A castaña viaxeira

O venres 10 de novembro celebraremos no colexio o Magosto. Coma todos os anos pola tarde degustaremos unhas ricas castañas e logo faremos xogos populares con castañas, propostos polo EDLG.

Ademais dende a Aula de Música aprenderemos unha canción/xogo musical proposto por Nerea Seijoso, cantando a canción de Susa Herrera ¨ A castaña viaxeira¨ pasando castañas de man a man.

Aquí vos deixo o vídeo e tamén a letra para practicar na casa.

Os maios

O pasado mércores despedimos o mes de maio cunha canción onde participou todo o alumnado. Aquí vos deixamos o resultado.

Podedes ver tamén algunhas fotos das actividades levadas a cabo ese día, facendo click na seguinte cámara.