Skip to Content

Fóra do centro

SEGURIDADE VIAL en AMIO

O pasado xoves, 22 de febreiro, fomos ao recinto feiral de Amio para que o alumnado de 6º de Primaria aprendese conceptos de seguridade vial coa Policía Local de Santiago de Compostela. Algo de teoría e moita práctica con bicicletas e karts sobre un circuito urbano. Risa

FOMOS AO TEATRO PRINCIPAL

Este pasado martes, 30 de xaneiro, a clase de 6º EP asistiu no Teatro Principal de Santiago de Compostela á obra de teatro O neno Groba e Música, unha historia entrañable sobre un neno que atopa na música a súa mellor amiga.

5º e 6º FOMOS AO AUDITORIO

O alumnado de 5º e 6º foi o pasado venres 1 de decembro ao Auditorio de Galicia para asistir ao espectáculo musical Pulcinella e a máscara máxica coa participación da Real Filharmonía de Galicia. Foi un concerto xenial. Sorriso

 

Excursión fin de curso 2º e 4º EP

O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de 2º e 4º foi de excursión a Vilanova de Arousa.

Pola mañá visitaron o Pazo de Vista Real. Fixeron varias activiades: un paseo pola historia, disfrutaron dun labirinto onde puideron alimentar a pombas mensaxeiras, foron ao hospital de plantas do pazo... 

Pero tamén tiveron tempo de lecer no parque natural do Terrón, e comeron nunha praia do Terrón. Ademais fixeron un traxecto no chiquitrén versión disco, onde o  pasaron xenial.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

VISITA AO CiTIUS - 5º EP

Este venres 9 de xuño, os nenos e nenas de 5º EP visitamos o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) en Santiago de Compostela. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co mundo dos ordenadores: realidade virtual, supercomputadores, microelectrónica, servidores ... Una auténtica pasada!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

Visita aos museos da Coruña 3º EP

O luns 5 de xuño, o alumnado de 3º de Primaria achegouse á cidade da Coruña, para poder visitar dous dos seus museos municipais: A Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae) e a Casa das Ciencias, onde puideron tamén desfrutar dunha sesión no Planetario.

VISITA a APÍPOLIS - 5º & 6º EP

Este pasado luns 22 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP tiveron que levantarse ben cediño para chegar en autobús preto de Pontevedra e visitar APÍPOLIS, a cidade das abellas. Alí puideron facer galletas de mel, velas e vestirse de apicultores para achegarse ás colmeas. Un día de maio para lembrar!!!

VER FOTOS NA GALERÍA   

Saída a Santiago 1º e 3º

O venres 5 de maio, o alumnado de 1º e 3º de Primaria desfrutou dun paseo no tren turístico pola nosa cidade. Durante o percorrido puideron escoitar as explicacións que lles ían relatando e describindo dos lugares polos que ían pasando. 

Ao rematar a ruta, deron un paseo pola Alameda e achegáronse ao Parque Infantil para merendar, descansar e xogar. 

 

Visita aos bombeiros 1º de Primaria

O mércores 29 de marzo o alumnado de 1º fixo unha saída ao Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela

Alí explicáronlles moi ben a maneira de actuar en caso de emerxencia, así coma o número ao que hai que chamar. Subiron ao camión, probaron a mangueira, tocaron a sirena, visitaron todas as instalacións e desfrutaron moito.

De agasallo levaron para a casa un casco e un chaleco co que fixeron a visita. A cambio os bombeiros recibiron uns debuxos feitos polos nenos.

Agradecidas pola súa acollida.

Nina Ninette, 1º 2º Primaria

Este martes 22 de marzo, o alumnado de 1º e 2º tivo a oportunidade de desfrutar, no Auditorio de Galicia, dun espectáculo que leva por título Nina Ninette.

A través da danza interpretada por Determinada Compañía, conta a historia dunha rapaza chamada Nina, valente e alegre, que atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico.

Distribuir contido


by Dr. Radut