Skip to Content

Fóra do centro

VISITA Á ETAP de CHAIÁN

O pasado xoves 19 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Chaián. Explicáronnos todo o proceso, desde o río Tambre ata que a auga chega as nosas casas.

VER FOTOS NA GALERÍA 

PASEO POLA PREHISTORIA - 5º e 6º EP

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un pequeno percorrido pola Prehistoria. Visitaron o Dolmen de Axeitos (Riveira) e tamén o Castro de Baroña (Porto do Son).

 VER FOTOS NA GALERÍA

OS CONTOS DA CHUVIA

Co gallo da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil asistiron na Galería Sargadelos ao espectáculo de contacontos, Contos para despois da chuvia, desenvolvido polo equipo de animación da Ed. Kalandraka.

MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O xoves 17 de marzo 3º e 4º de Ed. Primaria estivemos no Museo de Historia Natural de Santiago, situado no fermoso parque de Vista Alegre. Tivemos unha mañá ben completiña, vendo todas as cousas que hai no museo: animais, plantas, algas, fungos, minerais, rochas ... ata pedras preciosas!!! 

VER FOTOS NA GALERÍA

RUTA ROSALIANA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP percorreron os lugares máis importantes de Santiago de Compostela na vida da nosa escritora máis senlleira, Rosalía de Castro. El Correo Gallego recolleuno nas súas páxinas...Tamén podedes ver o percorrido nun vídeo conxunto co CEIP López Ferreiro. Premede nos enlaces.           

ROTA COMPOSTELÁ POLA BIOGRAFÍA DE ROSALÍA

     

   

 VER FOTOS E VÍDEO      NA GALERÍA 

 

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Primaria viaxaron á cidade da Coruña para visitar o Domus e A Casa das Ciencias. Tiveron un día ben aproveitado! 

VER FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES

3º & 4º EP FORON A MARCELLE

O venres 12 de xuño, 3º e 4º de EP pasaron o día preto de Lugo, no Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Viron moitos animais exóticos, exploraron o parque, fixeron xogos e ata aprenderon a facer tiro con arco. 

FOTOS NA GALERÍA 

TEATRO - ESPANTALLO AMIGO

A semana pasada foi intensa en actividades. Ás veces xúntase todo. O xoves 28 de abril, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP foi ao Teatro Principal de Santiago para ver o espectáculo teatral Espantallo amigo baseado na obra do mesmo nome. Premede aquí para ver fotos na galería.

3º e 4º EP "ESTIVERON" NO VERÁN

Os alumnos de 3º e 4º visitaron o Auditorio de Galicia para ver o espectáculo infantil Estamos no verán, a cargo do grupo Son +d2,unha viaxe musical chea de cancións de diferentes estilos. Sen dúbida, unha experiencia inolvidable!!! Xa tedes algunhas fotos na galería.

VIAXE Á BAIONA

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de EP viaxaron ás Rías Baixas para visitar a vila de Baiona. Alí puideron coñecer esta cidade, estreitamente vinculada ao descubrimento de América, subir á réplica da carabela Pinta e coñecer a Fortaleza de Monterreal (Parador de Baiona). Pasárono xenial !!!

Premede na imaxe para ver as fotos na galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut