Skip to Content

Fóra do centro

VISITAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS MASIDE

Ao final do 2º trimestre visitamos, co alumnado de 3º e 4º de EP, a Exposición sobre o pintor Carlos Maside, que permanecerá aberta ao público ata o 30 de agosto no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Santiago. Carlos Maside, natural de Pontecesures, é recoñecido como un renovador do arte en Galicia. Premede na imaxe para ver as fotos na galería.

5º e 6º EP VISITAN A CASA DAS CIENCIAS

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria foi a cidade da Coruña para visitar a Casa das Ciencias. Xa podedes ver as fotos na galería, premendo aquí.

CONCERTO DE MÚSICA AFRICANA_3º e 4º EP

Os alumnos de 3º e 4º de EP asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto que nos trae toda a enerxía de África, con máscaras, ritos, tambores, historias de respecto e paz. Os mestres de cerimonia son griots, transmisores da tradición oral no seu país, Senegal. Xa podedes ver as fotos desta interesante actividade na galería.

A CONQUISTA DE LUGO

Foi un abafante 24 de maio cando un autobús cheo de intrépidos romanos sairon dende Santiago de Compostela para conquistar unha nova cidade á que chamarían...

Lucus Augusti!!

VISITA A CAMPO LAMEIRO DE 5º e 6º

O pasado 19 de abril visitamos o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, na provincia de Pontevedra. Alí puidemos ver moitas das manifestacións culturais máis antigas de Galicia.Se queredes ver algunha das cousas que alí puidemos observar visita a galería fotográfica ou a páxina web do parque arquelóxico. 

VISITA Á DOMUS - 5º & 6º


O pasado 9 de Febreiro produciuse un acontecemento espectacular case indescritible!


A continuación ofrecémosche os comentarios que os alumnos de 5º e 6º fixeron para que poidas apreciar a magnitude deste feito:

Deleitándonos na Bella Italia....

O alumnado de 5º xunto cos nosos compis de 6º, achegámonos o pasado día 1 de decembro ata o Auditorio de Galicia para deleitarnos cunha obra inspirada na Italia Clásica de Romeo e Xulieta...

A nós encantounos! Sorriso

COMPOSTELA MÁXICA

O xoves 9 de xuño fomos a ver uns magos a "Compostela máxica".



Mira as fotos na galería.

O OUTONO

Mirade que animaliños tan feitiños!!


Están feitos polas nosas mans coas castañas do noso outono!!

Excursión ao parque Marcelle Natureza

O 18 de maio todo o cole realizamos unha saída ao parque natural de Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo ).

Disfrutamos da observación dalgúns animais que non podemos ver no noso contorno: linces boreais, bisontes, cebras, antílopes, lobo, canguros... e mesmo uns simpáticos e rebuldeiros lagartos arnais tomando o sol.

 

Tenra imaxe de nai e filla.

(Se queres ver máis fotos vai á Galería de imaxes) 

Distribuir contido


by Dr. Radut