Skip to Content

Fóra do centro

Teatro e Danza, 3º EP

O mércores 15 de marzo, o alumnado de 3º de Primaria puido desfrutar dun espectáculo de teatro e danza interpretado pola compañía Caramuxo Teatro, no Teatro Principal en Santiago de Compostela.

Este espectáculo chamado ¨Ela¨, crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mestura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. 

VER FOTOS NA GALERÍA

SEGURIDADE VIARIA para 6º EP

O pasado xoves 17 de marzo, a clase de 6º EP visitou o parque de tráfico situado en Amio para realizar unha actividade coa que mellorar a súa seguridade viaria. Varios axentes da Policía Local do concello de Santiago coordinaron esta actividade coa que o alumnado pasou un rato moi entretido. 

VER FOTOS NA GALERÍA

DESCUBRINDO A BIODIVERSIDADE EN BELVÍS

O pasado día 6 de marzo, o alumnado de 6°A e 6ºB acudiu ao Centro de Interpretación de Parques e Xardíns situado no parque de Belvís para observar a biodiversidade animal e vexetal da zona de Compostela. Despois de repasar os tipos invertebrados que hai, construíron un hotel de insectos que xa quedou instalado no noso colexio. Foi ata unha experiencia e ata tivemos bo tempo! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

FOMOS AO TEATRO PRINCIPAL.

Hoxe, as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria acudiron ao Teatro Principal para presenciar a obra de teatro Aguratrat, baseada no libro "Esio Trot"  de Roald Dahl, un dos escritores senlleiros no eido da literatura infantil e xuvenil. A devandita obra foi posta en escena pola compañía teatral Pérez y Fernández.

VER FOTOS NA GALERÍA

IMOS AO TEATRO PRINCIPAL

Os nenos e nenas de 5º e 6ºB de Primaria  acudiron ao Teatro Principal o martes 14 de xaneiro para ver o espectáculo de danza Nómades, da compañía de teatro Xarope Tulú. Nela reflexiónase mediante o movemento, os sons e as palabras sobre a beleza que existe na diversidade do corpo humano e de como inflúe na nosa identidade persoal.
 
 

SAÍDA A CINEMASCOLA

O pasado 12 de decembro os escolares de 1º e 2º de EP foron á sede da SGAE para asistir á proxección en galego da película Copito de nieve. Esta película achéganos valores como o respecto aos animais, amizade e tolerancia coas diferencias. Despois da proxección participaron nun debate sobre estes asuntos. Foi toda unha experiencia.

TEATRO NA FUNDACIÓN SGAE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria acudiron o luns 11 de novembro á dramatización Poeta niña que tivo lugar nas instalacións da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, dentro do ciclo Escena en familia. Esta obra de teatro foi toda unha mostra de creatividade e iniciación á poesía con palabras e sons. Ao rematar a función os pequenos puideron interactuar cos instrumentos musicais empregados. Foi moi divertido. Risa

SAÍDA AO CGAC

O pasado martes 5 de novembro acudimos, co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, ao Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) para asistir a un concerto didáctico titulado Un profundo misterio. A actividade tratou sobre a influencia da noite e a natureza en famosos compositores de música clásica como Debussy ou Brahms.

ANIMALIA

O pasado xoves 24 de outubro os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron ao espectáculo musical Animalia, que tivo lugar no Auditorio de Galicia. Na súa posta en escena, as personaxes Pico e Pata recrearon sons e ritmos populares coa axuda da Banda Municipal de Música do Concello de Santiago. Premede no enlace para ver o vídeo.

VER VÍDEO EN YOUTUBE

VISITAMOS MARCELLE NATUREZA

O venres 7 de xuño visitamos o parque zoolóxico Marcelle Natureza co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Foi un día moi intenso, malia que caese algunha chuvieira de cando en vez. Así e todo, viron moitos animais, fixeron tiro con arco e tiveron un día de convivencia xenial. Pulsade no enlace para ver as fotos.

 VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut