Skip to Content

Activ. Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía este ano centramos a nosa atención nas árbores e plantas que aparecen nas obras de Rosalía e a partir do libro  "Herbario de Rosalía" no colexio fixemos o noso propio Herbario con plantas que podemos atopar nas nosas hortas e nos nosos montes. 

Aquí deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo. 

Certame das Letras Galegas

Xa podedes ver aos traballos que o alumnado presentou para participar no Certame das Letras Galegas posto en marcha polo equipo de Biblioteca.

A entrega de premios será o vindeiro mércores 31 de Maio.

Día do libro: 23 de abril

O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dende o blog de Biblioteca do colexio, propoñen diversas actividades nas que podemos participar: 

Día Internacional da Muller. Reto 8M.

Dende hoxe está en marcha o reto do 8M, que podedes consultar nblog de biblioteca.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca queremos saber cal é a vosa PALABRA preferida en galego

Para máis información, visitade o Blog da Biblioteca premendo na imaxe.

PARA o DÍA DO LIBRO

Co mes de abril chega o mes dos libros. Este ano dende a biblioteca propoñemos tres actividades que podedes facer nas vosas casas e, despois, enviárnolas ao correo. O prazo de entrega remata o 17 de abril. 

Podedes escoller unha das que máis vos guste. Animádevos! Risa

DÍA DA POESÍA

O Equipo da Biblioteca proponvos un traballiño (voluntario) para celebrar o Día da Poesía (21 de marzo). No vídeo tedes toda información ...  

Calquera dúbida que teñades podedes dirixila ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliotecacasasnovoa@gmail.com

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Que mellor maneira de celebrar o Día de Rosalía que cunha canción baseada na obra da nosa escritora máis senlleira. Seica na clase de Música dan ... o DÓ de peito !! Guiño 

 

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén celebraron o Día de Rosalía cun recitado de poemas de Rosalía. Quedou moi ben!!!!

VENRES SEN PLÁSTICO

Neste ano 2020, empezou a rodar a campaña polo medio ambiente, impulsada polo Equipo de Biblioteca. Como xa sabedes, trátase de non traer plástico nas merendas os venres de cada semana. Como vedes, aínda hai que mellorar, pero estámolo a conseguir. Lembrade!!! É un pequeno paso para a nosa merenda, pero un gran salto para o noso planeta. Risa  

RETO: VENRES SEN PLÁSTICO

Para concienciar aos nosos alumnos na necesidade de reducir o uso de plástico na nosa vida diaria o Equipo de Biblioteca propuxo o reto dos venres sen plástico.

Así que, para a túa merenda do recreo substitúe o envoltorio de usar e tirar por un tapper ou bolsa de tela e mellor utiliza botellas e culleres reutilizables. Anímate a participar e protexe o medio ambiente !!!! RisaRisaRisa

Distribuir contido


by Dr. Radut