EXCURSIÓN Á PANADERÍA DE BERDÍA

O pasado día 27 as nenas e nenos de infantil puidemos disfrutar dunha marabillosa excursión á panadería que nos leva o pan todos os días ao comedor, a Panadería de Berdía. Que emoción poder coñecer mellor o lugar onde nos fan o pan todos os días, ver como son os fornos e por suposto facer os nosos propios pans e xogar coa fariña. Ademais de poder facer o pan tamén puidemos merendar uns deleciosos croissants recén feitos con zume. 

Foi un gran día que gardaremos na nosa memoria. Moitas grazas por todo e polos agasallos!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da mañá.