Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL EP

Xa estamos de volta no cole e xa puidemos ver como medraron as nosas sementes:

   

UN MUNDO NUN MUSEO: SEXTO RETO DO MUSEO DE BELLAS ARTES en 2ºB

Este sexto reto que nos propoñen parte da obra de Tomás Muñoz Lucena, un cadro titulado CASTIGO para darlle unha voltiña a como é a escola no museo e, como non, no mundo. 

Escena desenvolvida nunha sala interior aberta a un balcón polo que entra unha intensa luz. Diante dun escritorio de madeira escura, unha muller que fai ganchillo escoita a conversa dunha nena sentada ao seu carón. A carón do balcón e sentada nunha cadeira de respaldo alto, outra rapaza está centrada nas súas tarefas. Do único tramo de parede que se pode ver na sala, pende un cadro coas dúas últimas filas de letras do alfabeto. Diante, unha nena sentada cun vestido rosa, cunha actitude abraiada e pensativa, leva a man á cara e sostén no colo un papel semellante a outros dous tirados no chan diante dela.

Previamente observada a obra contestamos en grupo a numerosas preguntas sobre a información que nos aporta a obra e o seu título. Tamén facemos un reflexión sobre como era a escola na época que Lucena pinta o cadro, 1890. Non era tan doado e accesible a escola, especialmente para as nenas. Ata non fai moito tempo eran segregadas, é dicir, nenos nun lado e nenas noutro e as materias eran diferentes xa que ás nenas ensinábanlle as terefas domésticas que supostamente lles agardarían na súa vida futura. Xurdiron un montón de conclusións sobre esta temática como:

  • Non é xusto que os nenos e nenas non aprenderan o mesmo
  • Non existen oficios masculinos e oficios femininos
  • O castigo non é a slución, sí a consecuncia dos nosos actos.
  • As escolan son diferentes segundo o país que esteamos e non todos teñen as mesmas condicións.

ACTIVIDADE 1: A HISTORIA DE XULIÁN E RANJIT

Esta actividade parte dunha carta que nos envía Xulián contando como son as escolas arredor do mundo:

Ademais de dúas fotos, unha da súa escola e outra dunha escola debaixo dunha ponte para que poidamos ver as diferenzas: lugar, mobiliario, condicións...

O debate sobre as fotos deu moito para falar!

ACTIVIDADE 2: OS UTENSILIOS DE ESTUDO

No museo hai obxectos que foron empregados por algún ou algunha personaxe famosa, non só hai cadros como dixemos en numerosísimas veces. Concretamente ensínannos o material de escritura ou escribanía dunha famosa escritora galega, Emilia Pardo Bazán unha das feministas mais senlleiras do seu século. Falamos do material que se empregaba nas escolas nesa época: plumas, tinteiros, pizarras...material moi diferente a do de agora: lápis, bolígrafo, cadernos, ordenadores...

 

 Escribanía e pluma, Domingo Antonio de Castro, 1808

As iniciais gravadas a ambos os dous lados do cristal central, MPB e JMR, parecen corresponder aos primeiros donos do notario, os avós paternos de Emilia Pardo Bazán: Miguel Pardo Bazán e Joaquina Mosquera Ribera, dos que o seu fillo, José Pardo Bazán. , herdaríaa e Mosquera (1827-1890), pai do escritor. 

Probamos a escribir como se solía facer nesa época!!!

 ACTIVIDADE 3: ALFABETOS

Na obra de Lucena pódese apreciar parate dun abecedario, material moi común na decoración das escolas. Pero non son iguais en tdos os países. Nalgúns son case un arte eles mesmos, como por exemplo o alfabeto árabe ou o chino.

Nesta actividade falaremos do árabe, xa que é o idioma  de Ranjit na India. Un idioma falado por case 300 millóns de personas no mundo.

Como proposta das educadoras teremos que escribir o noso nome en alfabeto árabe, pero tamén podemos investigar e escribilo noutros alfabetos distintos ao noso.

  

 

  

  

  

  

  

  

  ACTIVIDADE 4: A ESCOLA DOS TEUS SOÑOS

Debuxa en 2D ou 3D como imaxinas a escola dos teus soños, ademais dun pequeno texto que o describa.

 

DÍA 22 DE MARZO, FIN DE TRIMESTRE e DÍA DA AUGA

Outro trimestre mais xuntos, unha experiencia inesquecible cando ves que o teu alumnado segue medrando en todos os sentidos, como personas, académicamente, aprendendo dos erros, acadando inumerables éxitos... e para iso o ansiado día das NOTAS!

Ui!!! que nervios!

Publicamos os nosos artigos e reportaxes que elaboramos pola SEMANA DA PRENSA:

                

 Tamén coincide co DÍA DA AUGA, este tesouro ou ouro branco, que sen el nos podemos vivir.

 

DIA 21 DE MARZO, MOITO QUE CELEBRAR en 2º B

O 21 de marzo coinciden moitas conmemoracións que traballar na aula:

  • Día da Primavera
  • Día da Poesía
  • Día da Creatividade
  • Día dos Bosques

que en 2º B levamos a cabo durante ese día con diferentes propostas como:

  • Deseño de roupa para uns modelos moi especiais e esixentes, Hugo e Susana.

                    

  • Deseño personalizado das carpetas do segundo trimestre con motivos da Pascua e a Primavera:

   

  • Creación de LYMERICKS, CALIGRAMAS, ACRÓSTICOS, VERSOS LIBRES...despois de ver un vídeo que fala da poesía , que hai que lela en voz alta e deixarse levar polas emocións que nos transmite...e como non CREALAS! Para iso vimos un vídeo moi interesante para saber as características de cada tipo:

 

            

  • A árbore poética onde as súas follas están cheas de emocións, sentimentos, ritmos, fermosas palabras que riman ou non...que fan que ao escoitalas, movidas polo vento, sintamos que bonito é SER POETA ou POETISA.

Saída ao MUNCYT do 1º ciclo de EP, 20 de marzo

Todo o primeiro ciclo visitamos un dos museos de A Coruña, esta vez adicado a Ciencia e a Tecnoloxía, o MUNCYT.


Foi moi interesante!

Nada mais entrar unha avioneta colgada no teito!

Pero dentro agardábannos moitas mais sorpresas: Un Jumbo de 4 pisos, o Lope de Vega, un coche antigo, o 600, unha parede chea de cientificos e científicas inventores onde quedan espazos baleiros para se algún ou algunha de nós nos atrevemos a inventar...estariamos moito tempo contando o que alí vimos...

   

GRUPO 1 con Berta                                                                                       Grupo 2

          

 Pero o que mais nos gustou foi a exposición temporal O LABERINTO DO CEREBRO.

Un espazo interactivo con diferentes estacións de traballo para pór en marcha o noso cerebro.

           

E por último participamos nun obradoiro sobre  figura de JORGE PETEIRO un pintor escultor coruñés, onde unha vidriera dun cadro del adorna o salón de actos do MUNCYT. Fixemos puzzles, as 8 diferenzas, colorear... unha actividade que nos gustou moito.

 

O ALUMNADO DE 4º EP VISITA O MUSEO DO POBO GALEGO E O CASCO ANTIGO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este mércores, 20 de marzo, o alumnado de 4º EP visitou o Museo do Pobo Galego.

 

 

Despois de escoitar as indicacións da nosa guía, repartímonos en seis grupos e, mediante un xogo de pistas, fomos percorrendo as distintas salas do Museo para buscar a resposta ás preguntas que aparecían no formulario que se nos entregou. Logo de facer a busca, reunímonos no punto de encontro e fixemos unha posta en común.

  

 

Máis tarde, achegámonos ata a escaleira helicoidal deseñada por Domingo de Andrade e puidemos admirar a súa beleza. Comprobamos que moita xente quere vela porque é unha escaleira que conta cuns trescentos anos de antigüidade e que sorprende polas súas tres ramplas entrelazadas.

 

Ao rematar a nosa visita ao Museo, entramos na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval para visitar o Panteón de Galegos Ilustres. Alí fixémonos unhas fotos diante do sepulcro de Rosalía de Castro e do sepulcro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e puidemos comprobar que hai máis persoeiros destacados de Galicia alí enterrados. 

  

Cando saímos do Museo, fixemos un percorrido polo casco antigo de Santiago e desfrutamos observando as gárgolas que coroan o alto de moitos edificios antigos da cidade, como o Hostal dos Reis Católicos ou a Igrexa de San Martiño Pinario, entre outros.

 

Foi unha mañá que nos cundiu moito e na que aprendemos unha morea de cousas novas. 

DÍA DO PAI en 2ºB, 19 de marzo

Chegou este día, o 19 de marzo, no que damos protagonismo a unha figura moi importante nas nosas vidas, Pai ou persona importante masculina nas nosas vidas, dada a diversidade de familias coas que nos podemos atopar.

Co lema PAI DO PAÍS queremos adicar unha actividade para pór de manifesto onde estamos, onde vivimos, onde medramos, onde aprendemos e onde temos un modelo a seguir e que grazas a ese PAI estamos loitando por ser mellores e medrando nun pais onde prima a igualdade en todos os sentidos.

Mímanos, ámanos, quérenos , cóidanos, respéctanos, déixanos en liberdade para cometer erros, xa que deles tamén se aprende e tomar decisións por nós mesmos/as... sen deixar de ser do PAÍS ou fillo adoptivo como nalgún caso!

Parte da nosa homenaxe, xa que a outra parte só vai para eles, é esta repesentación feita con todo o noso corazón:

                  

Os nosos pais do país!!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA ACCIÓN POLOS RÍOS en 2ºB, 14 de marzo

O 14 de marzo celébrase o Día Internacional de Acción dos Ríos coa intención de coidar e protexer unha das principais fontes de auga limpa de todo o planeta, así como concienciar á poboación para o coidado e protección deste valioso recurso. natural esencial para a vida.

Os ríos son moi importantes xa que son correntes de auga doce que nacen como consecuencia da choiva, as fontes, a neve e o xeo. Están espallados por todo o planeta, sendo o río Amazonas o máis longo do mundo. A súa orixe pode darse a través dun manancial, un lago ou polo derretemento dun glaciar.

No seu interior vive unha diversidade de fauna e flora de gran valor. Tamén podes atopar moitos minerais que contribúen ao equilibrio perfecto destes ecosistemas.

Na clase de 2ºB elaboramos un esquema coas accións mais importantes para levar a cabo para coidar este elemento tan importante da natureza:

       

   

 

 

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA, 15 de marzo

A merca e a lectura do libro titulado A FÁBRICA DE BICOS fixo que a escritora do mesmo se achegara ao centro, María Canosa. Foi unha xornada moi interesante onde reconstruimos a historia partindo da falta de memoria da propia escritora. 

Este libro, segundo a escritora, parte da idea da súa filla Mariña a que non lle gustan os bicos. 

Tamén comentou que a idea de que sexa unha porquiña a protagonista non ten nada que ver, xa que o ilustrador, Dani Padrón, cando se lle encargou o traballo, dixo que non podía ser outra que unha porquiña, con esos beizos preparados para saír e lanzar bicos.

 

 

Adicounos os libros preguntándonos cales son os bicos que mais nos gustan...cantos sabores diferentes!

 

O alumnado de 2ºB coa escritora

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

E seguimos coa sementeira para obter plantas diferentes... Hoxe tocou remolacha, cebolo, leituga e acelgas.

        

Agora toca esperar e coidar día a día as nosas sementes!

 

Powered by Drupal - Design by artinet