Na última sesión de PC que plantamos no noso bancal de aula patacas e tomates cherri e xa temos plantas á vista:
Agora toca coidar e mimar a nosa produción agrícola!
Na última sesión de PC que plantamos no noso bancal de aula patacas e tomates cherri e xa temos plantas á vista:
Agora toca coidar e mimar a nosa produción agrícola!
Este martes 7 de maio, dende a materia de Ed. Plástica e visual, o alumnado de 5º e 6º visitou o Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer o programa do museo que leva por título " Y ellas... ¿dónde están?", unha exposición na que amosan aos nenos e nenas curiosidades e datos importantes sobre diferentes mulleres que protagonizan os cadros expostos no museo: a vida que levaban as raíñas, as galegas fortes de Sotomayor, o impactante contrato laboral que tiñan que firmar as mestras no século XIX...
E logo, para aproveitar o bo tempo, disfrutamos da comida na praia do Orzán.
O Día de Europa celébrase cada 9 de maio. Neste día celebramos a paz e a unidade en Europa. Nesta data cúmprese o aniversario da coñecida Declaración Schuman, na que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o inicio do que hoxe é a Unión Europea.
Dentro do curriculo do 2º nivel estamos inmersos nun proxecto que afonda no sector secundario da vila, a súa industria.
Toca experimentar, nunha primeira actividade, coa industria máis preto de nós, a queixería GALMESÁN:
Canta información nos deu Carmela, a gerente de Galmesán. Moita e moi interesante, por exemplo que fan falta 200 litros de leite para facer un queixo destes de 12 kg, que os queixos florecen, o ritual a seguir para facer 42 queixos, os mimos que hai que darlle...ata chegar a distribución e empaquetado para que nós poidamos saborear.
Grazas polo agasallo que levamos para facer unha boa e apetitosa merenda, queixo GALMESÁN.
O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso ou Bullying, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar en nenos e nenas e mozos e mozas de todo o mundo, así como buscar mecanismos para evitar este mal, que hoxe se converteu nun terrible perigo para todos e todas. Hoxe en día, o ciberacoso está á orde do día.
Temos que tentar previr e educar no respecto e no amor a nós mesmos e aos demais: todos e todas merecemos ser felices e sorrir compartindo momentos agradables, tratando de axudar aos e ás que, pola causa que sexa, non o fan ou non viven ben.
Na nosa clase estivemos vendo unhas curtas sobre esta temática, onde logo falamos sobre o que observamos, o que nos queren dicir, como temos que actuar, como podemos axudar...todos podemos facer algo para que esta data non se teña que visualizar poñendo unha data soamente. E como remate elaboramos uns carteis para expoñer na clase nun lugar moi visible:
Fai que sexa 2 de maio todos os días do ano é o noso lema!
Plantea unha reflexión sobre o acoso escolar desde o punto de vista de quen o observa, pero non decide actuar. Neste caso, a testemuña dos malos tratos cometidos por un neno cara ao resto dos seus compañeiros é unha especie de monstro "perdido" feito cos desperdicios de xoguetes, teas e outras cousas, que vive nunha caixa no patio do colexio da escola. Chámase Lou e, lonxe de quedar parado, decide intervir e levar a cabo un plan para darlle ao matón unha valiosa lección. A historia, que naceu inicialmente para acompañar nas salas a película 'Cars 3', foi nomeada ao Oscar á mellor curtametraxe de animación.
Esta curta promove a reflexión sobre as consecuencias do acoso escolar e insta aos nenos a actuar cando se atopan nunha situación de violencia. Para iso, a historia ten como protagonistas unha pedra, un papel e unha tesoira; personaxes que son acosados por diferentes matóns por igual. Todo cambia cando un día collen coraxe e deciden axudarse mutuamente para enfrontalos. Deste xeito, tamén se transmite o valor da amizade e a súa capacidade para afrontar situacións de acoso escolar.
Un ourizo sofre acoso escolar por parte dos seus compañeiros e sente unha inmensa soidade que o fai vulnerable na escola. Intenta encaixar, xogar cos seus compañeiros e ser un da clase, pero as súas plumas fano diferente do resto. Finalmente, por Nadal, os alumnos e alumnas da súa clase decátanse dos erros que cometen e deciden regalarlle algodón para que os cubra, para que poidan xogar con el e que se sinta un máis. Unha curta que axuda aos menores a entender que todas as persoas son diferentes e únicas e, non por iso, peores ou mellores.
Chegou o 5 de maio e con esta data queremos dar protagonismo a unha figura moi importante nas nosas vidas, a Nai ou persona importante feminina nas nosas vidas, dada a diversidade de familias coas que nos podemos atopar.
Co lema NAI DO PAÍS queremos adicar unha actividade para pór de manifesto onde estamos, onde vivimos, onde medramos, onde aprendemos e onde temos un modelo a seguie e que grazas a esa NAI estamos loitando por ser mellores e medrando nun pais onde debe primar a igualdade en todos os aspectos.
Mímanos, ámanos, quérenos, cóidanos, déixanos liberdade para tomar decisións e para cometer acertos ou erros, que de todo se aprende...sen deixar de ser do PAÍS ou filla adoptiva nalgún caso.
E como é costume ímosvos mostar unha parte do agasallo desta data tan importante para nós, xa que o resto é algo moi íntimo e só para a familia de cadaquén:
As nosas nais do país!
Seguimos co aproveitamento dos productos obtidos nas nosas sementeiras para facer ARTE, aproveitándoos ata o máximo para darlle cor as nosas creacións.
Como foi no caso da remolacha ou rabanitos, que despois de cocelas soltan un zume dunha cor moi fermosa:
Na outra metada da clase preparamos o bancal da clase para unha nova sementeira, esta vez patacas e tomates cherry.
Preparamos a terra, limpiamos de pequenas pedras, osixenámola, regámola e recheamos o bancal con terra nova:
Para facelo correctamente é necesario cortar pezas que conteñan polo menos 3 ollos ou xemas e facelo entre 4 e 5 días antes da plantación.
Co resto da pataca fixemos selos ou cuños con formas xeomátricas:
E procedemos a plantar:
IMOS DE MAIOS
Os maios é o nome dunha festa popular galega que forma parte do chamado ciclo do maio, un tempo de exaltación da natureza a comezos da primavera, cuxa orixe remóntase ás civilizacións prerromanas. Adoita celebrarse arredor do 1 de maio.
É unha tradición arraigada na cultura galega e caracterízase pola construción de figuras con elementos naturais como pólas ou flores, coñecidas como maios.
Na clase cantamos unha cantiga típica desta celebración, partimos dunha poesía que musicamos e cantamos. Lemos contos e poemas relacionados con esta temática e logo atrevémonos a crear os nosos propios. Decoramos os nosos propios MAIOS con flores, laranxas e ovos, recubrindo con buxos e outras herbas, como podedes ver nas imaxes. Familiarizámonos co vocabulario desta festa, tan arraigada en moitas cidades galegas, as cantigas, os decorados, as vestimentas, os adornos...todo moi relacionado coa primavera e as flores.
Para recibir á primavera, este mes de abril na Biblioteca escolar realizamos un taller de estampado con flores en camisetas cos nenos e nenas de Educación Infantil, dentro do programa de Bibliotecas Creativas.
Esmagando flores e follas coa man dun morteiro, tintamos de forma natural a tela, e todo quedou impregnado do aroma das flores!
Moitas gracias ás mestras de Infantil pola colaboración neste taller! Podedes ver a publicación no blogue da biblioteca, PREME AQUÍ
Despois de ler e traballar co libro de poemas desta escritora titulado GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS, o venres 26 tivemos o obradoiro na biblioteca do centro guiado pola mesma Claudia Castro.
Despois de ler, de interpretar, de crear...fixemos este mural fermoso co noso traballo colaborativo do 2º nivel de EP:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |