Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

RECEITARIO DA GASTRONOMÍA DO MUNDO en 2ºB

Respondendo a segunda actividade do cuarto reto do Museo de Belas Artes, presentamos as receitas elaboradas coa técnica de COLLAGE  por cada neno/a deste curso de 2ºB atendendo ao país que visitou no proxecto de Mochileiros/as polo Mundo.

De esta maneira imos construíndo o noso RECEITARIO DA GASTRONOMÍA DO MUNDO, que elaboraremos tamén en formato papel nun mural e nun libro que poderedes consultar para convertirvos en afamados/as chefs:

  

Brasil                                                                         Francia

 

Xapón                                                               Finlandia  

 

Finlandia                                                                        Australia

   

Italia                                                                    Dinamarca

   

Arxentina                                                                     Rusia

  

 México                                                                     Canadá 

 

Alemaña                                                    Egipto        

       

Suiza                                                                                China 

E como primicia os e as CHEFS DE COCIÑA DE 2ºB que se atreveron a facer a súa receita:

NOVA TÉCNICA DE PLÁSTICA en 2ºB

Unha nova técnica de artes plásticas empregando unha superficie rugosa e áspera e as ceras blandas manley. O material empregado vai ser papel lixa para debuxar e xogar coas sombras en flores xa que falta moi pouco para o inicio dunha nova estación.

/              

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA en 2ºB

O 11 de febreiro celebrouse o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA e, aínda que non había clase, decidimos traballar un pouco esta temática xa que cremos firmemente que a parte feminina é quen de acadar o que pretenda.

Para iso montamos un mural con diferentes figuras femininas destacadas no mundo da ciencia ao longo da Historia:

Non hai profesións de homes e de mulleres, toda persoa pode elexir o que quere ser e loitar por iso.

OBRADOIRO DE XADREZ en 2º EP

Dende Biblioteca organizáronse uns OBRADOIROS DE XADREZ levados a cabo en diferentes aulas. Unha delas foi a nosa, a de 2ºB.

Fixéronse dous grupos, iniciación e perfeccionamento, dependendo do nivel do alumnado desta clase E  Fernando foi quen de guiarnos nesta experiencia.

         

 

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Xa de volta ás aulas despois do entroido tivemos unha grata sorpresa, xa temos planta:

  

Para a semana nova sembra!

 

VIXÉSIMO TERCEIRA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

En 2º B xa rematamos as exposicións dentro do proxecto Mochileiros e mochileiras polo mundo coincidindo dous peques no mesmo país! Que coincidencia mais gratificante!

Eneko e Daniel de 2ºB leváronnos a FINLANDIA, un país nórdico fermoso e cheo de moitas curiosidades:

  • Alí vive Papá Noel, en Laponia concretamente.
  • Alí vive a xente mais feliz do Planeta.
  • Coñécese co nome O País dos mil lagos.
  • A súa bandeira e branca e azul, branca pola neve e azul pola auga dos lagos.
  • A súa gastronomía rica e variada pero destaca o salmón e a carne de reno.

    

E recordo unha foto en lugares moi curiosos deste país:

 

Eneko

Daniel  

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Despois da última sesión de PC onde decidimos sobre que plantar nos meses de inverno, chegounos unha donación de sementes e plantas para ter na nosa clase e plantar: 9 plantas de amorodos:

   

e varias sementes de cabaza, lentella, fabas e garavanzos para plantar en semilleiros e dentro dun tempiño dispor de planta para transplantar ao bancal:

  

 

VENRES DE ENTROIDO EN 2ºB, 9 de febreiro

Xa estamos no último día de entroido no colexio, hoxe o Meco dispuxo disfraz libre e moita festa nas aulas e no patio.

 

Para esta celebración preparamos unha mesa especial, posto que a ocasión o merece, decorando no noso atelier un mantel exclusivo e personalizado para esta conmemoración:

Por mor de saborear un chocolate acompañado de ricos buñuelos:

  

Agora toca un pequeno photocall de un por un para poder ver os guapos e guaps que viñeron ao cole:

                

 

VIXÉSIMO SEGUNDA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa quedan poucas entregas para rematar este proxecto que tanto nos gusta!

Esta vez viaxaremos a tres destinos moi diferentes: Xapón, Dinamarca e Romanía.

Tomás de 2ºB levounos de viaxe a DINAMARCA, un país nórdico moi interesante e cuna dos LEGOS. Posúe os dous parques de atraccións mais antigos de Europa, por exemplo o Tívoli.

Degustamos as galletas típicas danesa moi saborosas e feita s con manteiga.

   

Valeria de 2ºA levounos a ROMANÍA, un país do leste de Europa e cuna do conde Drácula que viviá nun castelo neste país que non podes deixar de visitar.

  

E trouxo tres productos típicos deste país para a degustación como galletas de cacao con vainilla, pasteis de canela e unha especie de palomitas de moitas cores, ademais de recordos da visita como un imán e unha bandeira chaveiro.

 

Breixo de 2ºA levounos ata un país coñecido como o país do sol nacente, por iso na súa bandeira hai un circulo vermello que representa o sol, XAPÓN. Neste país adoran a Buda, o kárate, os debuxos manga e as series de debuxos animados mundialmente coñecidos como Pokemom, Doraemón...

  

Tróunos para probar mochis, unha especie de pastel xaponés feito de mochigome, un pequeno gran de arroz glutinoso machacado.

E como recordo da fermosa viaxe ao país nipón:

 

 

A MIÑA METADE en 2ºB de EP

Para traballar a XEOMETRÍA, un contido matemático que temos que dominar fixemos unha actividade plástica titulada A MIÑA METADE partindo da nosa propia cara:

            

Powered by Drupal - Design by artinet