Skip to Content

Taboleiro de anuncios

DOAZÓN DE MASCARILLAS AO CEIP DE TEIXEIRO

Dende o colexio de Teixeiro o noso agradecemento a ESPOMASA POLIURETANOS SL pola súa doazón de 100 mascarillas para uso da comunidade educativa.

 

MOITAS GRAZAS!!!!

DÍAS NON LECTIVOS

Tal como especificabamos no Boletín informativo, mañá venres 1 de maio e o luns 4 de maio de 2020 son días non lectivos

 

Ánimo e moita forza!!!

O equipo directivo

TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

Esperamos que vos atopedes ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento nas vosas vivendas. Sabemos que está a ser duro para a maioría, pero tamén estamos a comprobar por moitas das vosas mensaxes e contribucións que o estades a superar con ilusión, creatividade e moita, moita forza de vontade.

Comezamos o terceiro trimestre e vos informamos dalgunha nova e medida:

1. Como será a 3ª avaliación? Estamos á espera de instrucións a partir de hoxe. 

2. Cando volveremos ao colexio? Non temos ningunha información oficial sobre este asunto, nin datas, nin como se levará a cabo.

3. Como nos estamos a comunicar coas familias? A través dos correos electrónicos do profesorado ubicados nas actividades telemáticas, no apartado TIC (enlace que tedes á dereita nesta páxina) Ademais, de ter algunha dúbida ou cuestión que non sexa de titoría podedes comunicarvos a través do correo do centro (ceip.teixeiro@edu.xunta.gal) ou no teléfono en días lectivos en horario de 10:00-13:00 881880644.

 

Moito ánimo en nome de todo o claustro e demais persoal do centro.

AXUDAS DO CONCELLO PARA FOTOCOPIAS

COMUNICACIÓN FAMILIAS-TITORES

Bo día familias.

Ante a necesidade de establecer unha canle de comunicación con todas as familias, precisamos que enviedes un correo electrónico ao titor/a d@s vos@s fill@s. Neste correo  indicádenos o nome e apelidos d@ nen@. Agradeceriámosvos que fose coa maior brevidade posible (antes do luns 6 de abril).

Correos profesorado

Gracias.

O equipo directivo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut