Skip to Content

Taboleiro de anuncios

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA SOBRE A AVALIACIÓN

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional citou as seguintes instruccións, con relación á segunda avaliación:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

NOTA: As familias que non teñades descargada a aplicación Abalar Móbil (máis información) deberedes facelo, xa que o venres, día 3, a partir das 12.00H  podedes consultar as notas das vosas fillas e fillos. 

Un saúdo. 

O equipo directivo.

CASOS POSITIVOS CORONAVIRUS

Estimadas familias:

 Dende Xefatura Territorial pídennos aos centros que comuniquemos os casos positivos por Coronavirus do persoal do centro, entre eles o alumnado do mesmo. Se fose o caso, teredes que transmitir dita información ao centro educativo.

Esperando non ter novas neste senso, un saúdo esperando vernos axiña,

O equipo directivo.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut