O alumnado de 2º de Educación Primaria na área de Valores Culturais e Cívicos púxose en contacto coa Fundación Amigos de Galicia para doar as caixas de tapóns que tiñamos no CEIP de Teixeiro.
Ditos tapóns foron para Alexia Guadalupe López posto que precisa 4.247 quilos. Alexia é unha nena de 2 anos e 7 meses. Padece parálise cerebral infantil bilateral e epilepsia. A terapia mellora a súa psicomotricidade. Os cartos que se recauden irán destinados a cubrir sesións de equinoterapia para 6 meses.