Skip to Content

E. Primaria

DEPORTE ESCOLAR

Os días 12, 20 e 26 de Marzo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria participaron no campeonato comarcal de voleibol.

  • O día 12 de marzo a competición tivo lugar no noso cole CEIP de TEIXEIRO.
  • O día 20 de marzo acudimos o CEIP de PRÉSARAS.
  • O día 26 de marzo celebrouse no CEIP de CESURAS.

As xornadas de convivencia consisten en partidos entre os distintos colexios anteriormente citados e despois xantar nos comedores escolares destes centros educativos.

A continuación deixamosvos unhas fotos para que lles votedes un vistazo.

Un saúdo e ata a próxima.

FAI CLIC NA IMAXE

EDUCANDO CON MALIBÚ (1º e 2º de Primaria)

Álbum: Educación Primaria -> EDUCANDO CON MALIBÚ 1º e 2º

(FAI CLIC NA IMAXE)

O día 4 de abril, tivemos unha visita moi especial no cole.

Tivemos a sorte de coñecer a Malibú, unha cadeliña que foi abandonada e agora vive en Xanceda.

Ensinounos, aos nenos/as de 1º e 2º de Primaria, moitas cousas importantísimas e que non debemos esquecer nunca.

Por exemplo, aprendemos as razón pola que a xente abandona aos cans, a importancia de coidar ben ás nosas mascotas, ou como debemos actuar se atopamos a un can abandonado.

A canciña Malibú foi unha profe estupenda!

Esperamos que nos volva visitar prontiño!

VISITA BOLECHAS (4º, 5º e 6º primaria)

Álbum: Educación Primaria -> VISITA BOLECHAS 4º, 5º e 6º

O 14 de Febreiro os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiverón unha visita dos Bolechas. Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos.

(FAI CLIC NA IMAXE)

Distribuir contido


by Dr. Radut