Skip to Content

Colectivas

XORNADA BÁDMINTON

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada BÁDMINTON

O venres 23 de febreiro os alumn@s de 5º e 6º EP tiveron unha xornada deportiva de convivencia cos centros da comarca, dentro do programa XOGADE, coas xornadas de bádminton.

I TORNEO DE XADREZ

Durante o mes de xaneiro, alumnado de 2º de E.P participou no I torneo de xadrez. Foi unha experiencia moi bonita, xa que os xogadores/as aprenderon a xogar no mes de decembro. Ademais contaron coa colaboración de nenos e nenas de 5º e 6º de E,P, que estiveron debutando como árbitros. Noraboa a todas e todos pola experiencia!

A NOSA ROSALÍA DE CASTRO

As nenas e nenos de sexto de Educación Primaria, do Bosque do Coñecemento, este ano traballaron co día de Rosalía, a través de facermos diversas diapositivas acerca da súa vida, obra e legado. Todo foi realizado a través de Canva e ampliando a súa competencia dixital.

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

(Pinchade na imaxe para ampliar)

 

ALMORZOS SAUDABLES

(Pinchade na imaxe para ampliar)

A vindeira semana comezaremos as xornadas de ALMORZOS SAUDABLES dentro do proxecto EDUSAÚDE no que participamos. Nestas xornadas o alumnado asistirá a unhas charlas sobre nutrición por parte do especialista do centro de saúde de Teixeiro, ademais de poñer en práctica os consellos que nos aporte almorzando no centro.

No cartel podedes ver as datas dos diferentes cursos, polo que ese día almozarán no cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut