Skip to Content

Colectivas

MANDATOS DO MECO

Aquí vos deixamos os nosos mandadiños singulares e especiais. Este ano veñen cargados de novidades, con gana e con gusto para que todas e todos vós participedes, nenas e nenos. Fagamos destas peticións un sentir común e consigamos cumplilos todiños!

PROGRAMA ESCOLAR DE FROITA E LEITE NA ESCOLA

O noso centro solicitou a participación, neste curso 2023-2024, no Programa escolar de suministro de froitas e leite, coa concesión de axudas da Unión Europea, do FOGGAA actividade está encamiñada a promover hábitos de alimentación saudable.

O alumnado recibirá froita, diaramente na hora do tentempé, durante 10 días consecutivos, comezando despois das vacacións de Entroido.

A distribución do leite comezará na última semana de xaneiro (comezando o martes) e extenderase durante 20 días lectivos. Proporcionaranse dende o colexio vasos de cartón para o alumnado.

As froitas frescas que se consumirán serán de tempada e o leite de marca 100% galega.

AGASALLOS DA ANPA

Pinchade na imaxe para ampliar

Queremos agradecer a ANPA por escribirlle aos Reis Magos para que trouxera cousiñas para os nenos e nenas do cole! Seguro que pasarán bos momentos con estas cousiñas!Moitas grazas.

SAÍDA 3º E 4º EP

Este venres o alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de pasar un soleado día en Santiago de Compostela. Primeiro fixemos un roteiro polas prazas máis importantes da cidade e pola Catedral. Rematamos o día facendo unha visita ao Museo de Historia Natural da USC, onde os monitores/as nos acompañaron nunha viaxe a través da diversidade dos seres vivos do noso planeta.

TEATRO GHAZAFELHOS

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Hoxe o alumnado de Primaria asistiu ao edificio de usos múltiples para ver a obra de teatro "Travesía unicornio" da compañía teatral Ghazafelhos.

Esta obra é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa, unha peza moi divertida, chea de humor onde se tratan temas sobre escoitarse, aceptarse e o máis importante, aceptar tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios.

Queremos agradecer a ANPA  por ofrecerlle aos nenos e nenas a posibilidade de gozar desta peza. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut