Skip to Content

AS NOSAS POSTAIS DE NADAL 2023

Ola "Escultoras e Escultores". Grazas a todas e a todos por participar no Concurso de Postais de Nadal 2023. Xa están á vosa disposición no vestíbulo do centro. Deixamos neste espazo as seleccionadas para enviar ás familias neste Nadal 2023. Moooooitas grazas!!!

 

Postais_Nadal_23

O MEU MELLOR REGALO....ES TI

Ola familias, ola "Escultoras e Escultores".  Cada día na nosa escola aprendemos moitas cousas pero a máis importante é que o mellor regalo...es ti. Bo Nadal e a desfrutar o 2024. Fai "clic" na imaxe e desfruta desta preciosa canción e os sus fantásticos desexos.

 

Nadal_23

PROGRESAR EN CONCORDIA E RESPECTO - 25 N -

Ola Escultoras e Escultores!

Das cousas importantes que aprendemos na escola é a coidar uns dos outros e que o progreso social non existe sen diálogo e respecto. Cada día temos que regar a planta da igualdade, da solidariedade para que a violencia non medre nas nosas vidas. Os compis de 6º regaláronnos un precioso agasallo de alegría, compañerismo e moita arte escénica neste 25 de novembro, para conmemorar que "ningunha forma de violencia é aceptable". Gracias, compis!!!

 

25_N_1 25_N_2
25_N_3 25_N_4

SEGUIMOS A DAR MEDO

Ola "Escultoras e Escultores". Os medos forman parte da evolución e natureza humana. Coñecelos e saber xestionalos é moi importante para avanzar na nosa seguridade e crecer cunha personalidad forte e positiva. Gracias a SAMAGOSTÏN poidemos desfrutar de convivir co medo dunha forma moi festiva e divertida. Moitas grazas pola vosa participación e os estupendos disfraces. Ata sempre!!! 

 

Samagostín1 Samagostín2
Samagostín Samagostín4

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Olaaaaaa, Escultoras e Escultores!!!

Benvidas e Benvidos ao curso 2023-2024:

Xa estamos preparando o cole para o LUNS 11 de SETEMBRO ás 9:00 horas. En breve recibiredes pola aplicación Abalarmobil as indicacións para a organización do primeiro día e os listados dos cursos coas titorías asociadas.

Aproveitade estes últimos días de vacacións a tope. Mentres tanto, quedamos á vosa disposición na secretaría do centro (886 120 115)

Moita saúde e forza para empezar con ilusión.

 

Especial Vuelta al Cole: claves para el regreso a las aulas

Distribuir contido


by Dr. Radut