Skip to Content

AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS EN ENSINO OBRIGATORIO

Prezadas familias:

Deixamos, neste apartado, información básica para xestionar ante o Concello de Vigo as axudas municipais para as familias con filllos e fillas en ensino obrigatorio. Na páxina do Concello encontraredes a normativa do proceso, as datas de solicitude, a forma de presentación ( online e presencial) e os documentos a presentar. Dende o centro educativo será aportado o " certificado de matriculación do/da alumno/alumna). O resto da tramitación deberá ser realizada ante o Concello de Vigo. 

Premer na imaxe para acceder á información.  Un cordial saúdo

axudas_Concello

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Mans_cores_2022

 

Ola a todos e a todas. O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.  Neste video os "Escultores e Escultoras" queremos deixar a nosa pegada para eliminar calquera tipo de violencia e construir o mundo que desexamos: cheo de convivencia positiva e de respecto.  Vexamos o vídeo e practiquemos a LSE. Un saudazo

ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS PARA...O MAGOSTO?

Ola de novo, "Escultoras" e "Escultores".  Parece ser que vai chegando o tempo das castañas, do cocido, das lendas baixo o lume... Pois sabede que o vindeiro martes, 15 de novembro, teremos unha "festiña" para celebrar o Magosto Escolar. Estade atentos que pronto saberedes como o imos a celebrar. Ata logo......

Magosto_22

FESTA DO "TERRORÍFICO SAMAÍN"

Bo día, familias:

Dende a Comisión de Festas invitámosvos a participar este ano na nosa exposición de fotos terroríficas. Dende hoxe ata o vindeiro martes 25 de outubro vos pedimos que fagades a vosa foto ( individual ou familiar) máis terrorífica para decorar o noso vestíbulo nesta Festividade de Samaín.

Podedes traela xa impresas e entregarllas ao titor/a ou enviala por correo a ceipescultor@gmail.com e xa as imprimimos no cole.

Por outra banda, o venres 28 os nenos e nenas poderán vir desfrazados para celebrar un Samaín arrepiante.

Contamos coa vosa colaboración

Un saúdo "tenebroso" da Comisión de Festas

Samaín_22

 

 

COMUNICADO Nº 3 - REUNIÓNS E ENTREGA DE LIBROS

Prezadas familias:

Neste comunicado tedes información sobre as datas e horarios das reunións coas titorías e para a entrega dos libros do Programa Fondo de Libros. Premer na iaxe para acceder ao documento. Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut