Skip to Content

CANCIÓN SIGNADA PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ 2023

Paz_2023

 

Ola a todas e a todos. Deixamos aquí a canción elixida para conmemorar o Día Escolar da Paz e da non Violencia 2023. Facer "clic" na imaxe e a practicar e desfrutar con esta estupenda versión signada da "Danza da Paz" do creativo grupo musical "Mamá Cabra"

Veña que o luns 30 témola que signar todos xuntos no cole. Ata logo "Escultoras e Escultores"

BENVIDA AO NOVO ANO 2023

Prezadas Familias:

Co desexo de seguir crecendo nunha comunidade educativa na que as relacións sociais sexan sinónimo de compartir vivencias educadoras cheas de solidariedade, respecto e empatía dámosvos a "Benvida" ao nacente 2023.  Feliz novo Ano 2023!!!

 

2023

POSTAIS DE NADAL REPRESENTANDO O COLE

Boas a todas e a todos. Foron moitos e moitas os e as artistas que presentaron as súas postais de Nadal. O cómite de selección, que o tivo moi, moi difícil, escolleu as seguintes para representar a todos os "Escultores e Escultoras". As demáis serán expostas no noso vestíbulo durante os próximos días. Preme na imaxe para ver as estupendas postais.  Feliciiiiiiiidades a todas e todos !!!

 

Postais_Nadal_22

PROGRAMA DAS FESTAS DE NADAL 2022

Ola "Escultoras" e "Escultoras":

Volve o Nadal con toda a súa maxia tras os anos de pandemia nos que tivo que coidarse e estar a salvo dos coronavirus. Agora toca volver a cantar, bailar, decorar e expresar a nosa alegría navideña. Deixamos neste espazo as actividades que iremos facendo neste mes de Nadal. Preme na imaxe e ...a participar.  Saúdos dos Magos e  Fadas do Nadal. 

 

CANCIÓN DE NADAL EN LSE 2022

Ola "Escultoras " e "Escultores". Chegan as fantásticas festas de Nadal e aínda que nos últimos tempos temos novas tristes (guerra, crise económica, etc) é o momento de debuxar novas ilusións e sacar dos nosos recunchos toda a nosa solidariedade e alegría para... por que non?... mudar o noso mundo, as nosas crenzas e culturas cara a un responsable e positivo futuro. A infancia é o fogar dos sonos. Pois imos a comezar, aprendendo esta versión de "Dulce Navidad" de Morat e Danna Paola e logo cantala e interpretala en casa e coa familia. Adiante, " Escultoras e Escultoras"

Nadal22

Distribuir contido


by Dr. Radut