Skip to Content

PRESENTACIÓN DA GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA

Prezadas Familias:

Neste emotivo e fantástico video podedes contemplar a cronoloxía da vida escolar dos nosos "Escultores" e nosas "Escultoras " de 6º.  Unha mirada no tempo chea de sentimentos e emocións, Moitas grazas a todas as persoas que o fixeron posible. Premede na imaxe para ver a videomontaxe e.... botar renda solta ás vosas lembranzas e emocións. Un saúdiño

Graduacion_6º_2022

 

 

Coñece un a un ás nosas e nosos  "Escultoras e Escultores" nesta presentación que viaxa no tempo...

 

 

 

 

INAUGURACIÓN DA NOSA NOVA BIBLIOTECA

Nova_Biblioteca_22

ORGANIZACIÓN DO FINAL DE CURSO- COMUNICADO-

Prezadas familias:

Deixamos, para o voso coñecemento, as actividades e conmemoracións para organizar o final do presente curso. Coma sempre, en caso de dúbida, contactar coa nosa secretaría ( 886 120 115 Lourdes). Para acceder ao documento, premer na imaxe. Moitas grazas.

 

TODOS SOMOS CAPITÁNS

Todos_somos_Capitáns

NOVO ALUMNADO: LISTADO DE ADMISIÓN DEFINITIVO

Prezadas familias:

Conforme o disposto no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023, xa está á vosa disposición o listado das novas alumnas e novos alumnos admitidos definitivamente. Pola normativa de protección de datos este listado será exposto, unicamente, nos taboleiros do interior do centro. As persoas interesadas poden tamén contactar coa nosa secretaría (886 120 115) e solicitar a situación dos alumnos e alumnas neste proceso de admisión. En todo caso, ante calquera dúbida prégase contactar co centro. Un saúdo cordial do equipo educativo.

 

Admision_22_23

 

Distribuir contido


by Dr. Radut