Skip to Content

FELICES VACACIÓNS, ESCULTORAS E ESCULTORES

Ola familias:

No día de hoxe, luns 17 de xullo, pechamos a atención presencial no  centro. Atenderemos calquera cuestión administrativa a través do noso correo electrónico (ceip.escultor.acunha@edu.xunta.gal) dende o martes 18 ao luns 31 de xullo.

Desexamos a todas as familias que desfrutedes do tempo de verán. Esperámosvos no inicio do curso, a atención administrativa comezará o venres 1 de setembro e o inicio do curso lectivo será o luns 11 de setembro. Informaremos con antelación de todas estas cuestións pola aplicación Abalarmobil.

Un cordial saúdo e moita saúde

 

Vacacións

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Ola familias. Para acceder ás listaxes, premer na imaxe. Ante calquera dúbida, consultar coa secretaría do centro (886120115). Grazas

 

Libros_Texto_22_23

VIAXE ENCANTADO Á ILLA DE ONS (5º PRIMARIA)

Bo día "Escultoras e Escultores":

Dende a illa de Ons fannos chegar as imaxes dunha estupenda aventura chea de encantamentos e lendas: Fai "clic" na imaxe e desfruta dos feitizos da famosa illa atlántica.

isla_ons

AXUDAS MUNICIPAIS DE MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR 2023-2024

Prezadas familias:

Xa están á vosa disposición as axudas municipais para material escolar (2º ciclo de Educación Infantil) e para comedor escolar (Infantil, Primaria e Secundaria) para o vindeiro curso escolar 2023-2024. O prazo para presentar a solicitude e a documentación requerida é do 5 ao 30 de xuño (ámbolos dous incluídos).

Podedes acceder á convocatoria ( normativa, prazos, tipos de axuda, impresos, documentación) premendo na imaxe seguinte:

 

FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023

Ola " Escultoras e Escultores":

Neste apartado podedes desfrutar dunha escolma gráfica da exhibición das nosas actividades extraescolares

 
Distribuir contido


by Dr. Radut