Skip to Content

 

   

3º Curso

tarefa de ciencias naturais, venres 8 de maio

Bo día a todos e todas hoxe antes de nada propoño que vexades un titorial de como escribir nun documento PDF, está moi ben explicado. Para exportar a PDF un Libre office só tedes que ir a FICHEIRO, despois abaixo a EXPORTAR, e finalmente, EXPORTAR A PDF. Lembrade que tedes que ter o programa de ADOBE READER.

TITORIAL EDITAR E FIRMAR EN ADOBE PDF

 

Para este finde propoño facer os exercicios do libro da páxina 83, o 4, 5 e 6,na libreta, (esta non ma tedes que entregar polo momento), ademais da ficha de reforzo sobre enerxías renovables e non renovables que se adxunta (aos 14 que xa vos rexistráchedes na aula virtual xa tedes asignada esta ficha). Tamén vai a captura de pantalla das páxinas 82 e 83 do libro de texto.

Saúdos e grazas pola vosa paciencia!!Guiño

 

P.D.:se facedes click nas mans que aparecen nas páxinas, por exemplo na páxina 82 arriba, aparecen explicacións de diapositivas, tamén esquemas explicativos moi visuais e interesantes e pequenos cuestionarios sobre o tema.Botade unha ollada.

3º E. Primaria. Venres 8 de maio.

Ola familias!!!

Vamos polo traballo do venres:

  • Empezade por Ciencias, onde parece que o acceso aos libros da problemas. Tedes un aviso de Dani na entrada principal da páxina Web.
  • Mates, empezamos o tema 14, despois da explicación de onte espero que o traballo sexa fácil.               Páx. 203: 1,2.Páx 204: 1,2.
  • EF, a ver que reto facedes!!
  • Castelá, os determinantes. Os posesivos. Páx 154:1,2,3.  Páx 155: 4,5.
  • Galego, actividade TEI.

AVISO IMPORTANTE 3º PRIMARIA

OLA DE NOVO, POIS PARECE SER QUE NON SE PODEN EXPORTAR OS GRUPOS DE SOCIAIS A NATURAIS, POLO QUE A VER SE PODEMOS METER UN NOVO CÓDIGO QUE VOS ADXUNTO NUNHA CAPTURA DE PANTALLA, ESCRIBÍDEO A MAN, PORQUE NON SEI PORQUE ME DA QUE É MELLOR QUE COPIALO E PEGALO. SENÓN PODEMOS, SEGUIMOS CON REPASO DE SOCIAIS E LISTO.

 

O CÓDIGO É ESTE:  s00PE6J1B

SAÚDOS E PACIENCIA!!Sorriso

MÚSICA 3º PRIMARIA XOVES 7 DE MAIO

Ola de novo, para música ides ver un vídeo e despois podedes facer unha ficha, imprimila ou copiala na libreta dos instrumentos de corda fretada que soan no seguinte musicograma da PRIMAVERA DE VIVALDI

 

Segue o musicograma da peza “A Primavera de Vivaldi” podes dar unha palmada cada vez que a abelliña se pousa nun debuxo. Fíxate que os debuxos grandes indican palmada forte e os pequenos suave(piano). Se te atreves a complicalo un pouco podes escoller unha forma de percutir diferente para cada debuxo (por exemplo: coas flores palmada, coas árbores pisada…) deixa voar a túa imaxinación e fai música con todo o corpo. Que familia de instrumentos escoitas na audición?

 

VÍDEO INSTRUMENTOS CORDA FRETADA

 

MUSICOGRAMA PRIMAVERA DE VIVALDI

 

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIROGuay

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 3º PRIMARIA

Bo día a todos e todas, hoxe imos ver un tema de ciencias naturais, o tema 5, que é unha ampliación do tema anterior, OS MATERIAIS, neste caso a enerxía que producen ou poden producir os mesmos. Para elo adxunto captura de pantalla das páxinas 78, 79, 80 e 81, das cales podedes facer as actividades da 78 e os exercicios da 81 na libreta, e a ficha que adxunto (que xa está asignada a 16 de vos na aula virtual), os que non estades na aula virtual podedes mandar unha foto ao meu correo.

saúdos!!!

3º E. Primaria. Xoves 7 de maio.

Ola familias!!

Este é o traballo do xoves:

  • Algunha actividade de Ciencias.
  • Mates, ides facer traballo de gráficas.
  • Música e inglés, algunha actividade.
  • Plástica, tedes que facer unha portada moi especial.

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS, mércores 6 de maio

Bo día, xa somos 15 na aula virtual, se alguén segue a ter problemas para entrar que se poña en contacto conmigo polo email: daniel.agullo@edu.xunta.gal e falamos con sm para que vos poñan en contacto co servizo técnico.

Hoxe propoño un exercicio de repaso dos 5 temas de sociais. Lede con atención as preguntas e lembrade que non é avaliable.

saúdos!!

3º E. Primaria. Mércores 6 de maio

Ola familias!!

Este é o traballo do mércores:

  • Empezade por algunha actividade de Ciencias e Inglés.
  • Contas da semana.
  • Relixión e E.Valores. Tedes ficha divertida.
  • Galego, aplicamos a regra da V.
  • Castelá, repaso da sílaba.

3º E. Primaria. Martes 5 de maio

Ola familias!!

Traballo do martes:

  • Algunha actividade de inglés.
  • Mates, as contas  e un problema de tempo atmósférico e horas.
  • Castelá, texto e comprensión.
  • Galego, ortografía divertida.
  • EF, retos de Gonzalo. Ánimo!!!

tarefas ciencias sociais 3º primaria, luns 4 abril

Bo día a todos e todas, que tal o finde?, propóñovos facer unha ficha de avaliación (que non é avaliable a efectos académicos), para ver os avances nos vosos coñecementos sobre o paso do  tempo e a historia. Antes facede un repaso de toda a unidade con calma, refelexionando sobre cales serán os aspectos máis importantes do tema.

AVISO: Os que estades na aula virtual xa tedes a ficha asignada, TODOS E TODAS, quero decir que os do grupo de ciencias naturais tamén a teñen, porque a partires de agora os dous grupos traballarán o mesmo. Voume poñer en contacto coa responsable de sm para ver se pode poñer en contacto aos do servizo informático cos que todavía non estades en ningún dos dous grupos.

 

saúdosGuay

Distribuir contido


by Dr. Radut