Skip to Content

 

   

3º Curso

TAREFA SOCIAIS 3º 1 DE XUÑO

BO DÍA FAMILIAS, SEGUIMOS CO REPASO, HOXE LEDES AS PÁXINAS 32, 33 E 34 E FACEDES CLICK NA MAN QUE APARECE NA PÁXINA 32 E QUE EXPLICA COMO LOCALIZARNOS NO ESPAZO. DESPOIS FACEDES A FICHA DE REPASO E A ACTIVIDADE INTERACTIVA ASIGNADAS.

SE A ALGÚN OU ALGUNHA APETÉCELLE, PODE FACER O EXPERIMENTO QUE XA FIXÉRAMOS NA 1ª AVALIACIÓN DA AGULLA IMANTADA QUE INDICA O NORTE, A BRÚXULA CASEIRA. (PÁXINA 35)

SAÚDOSSS!!!

 

3º Primaria. Luns 01 de xuño.

Ola familias!!

Empezamos o mes de xuño, este é o traballo do luns:

  • Ciencias.
  • Mates, contas da semana, un problema e un pouco de cálculo mental.
  • Galego, iniciamos o tema 13.
  • Castelán, un conto de animais.

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

PREME AQUÍ para descargar o traballo desta semana!

Un saúdo!Sorriso

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS 3º venres 29 de maio

Bo día a todos e todas, hoxe colgo unha ficha das capas da xeosfera, está asignada na aula virtual, antes tedes que ler as páxinas 28 e 29 (adxunto captura), e podedes botar unha ollada, facendo click nas mans, a dúas presentacións:

A primeira na que se explican as AS CAPAS DA TERRRA, e unha segunda na que imos ao pasado para ver coma era o continente primixenio chamado PANGEA, os dous na páxina 28.

 

VER VÍDEO SOBRE  PANGEA E A FORMACIÓN DOS CONTINENTESGuay

os máis ousados podedes facer con plastilina o experimento que se propón na páxina 29, enviade vídeo de cando o cortedes pola metade!!!

SAÚDOS!!!

3º Primaria. Venes 29 de maio.

Ola familias!!

Vamos a polo venres:

  • Empezamos por Ciencias.
  • Matemáticas, seguimos cos polígonos.
  • EF, os retos de Gonzalo.
  • Galego, repaso do uso da coma.
  • Castelán, unha poesía.

música 3º 28 de maio

 

Ola de novo, en música imos facer un repaso das notas musicais dentro do pentagrama, primeiro vedes o vídeo que tedes de seguido

vídeo de repaso notas musicais

Agora xogades a atrapar notas, tedes que ser rápidos e darlle ao teclado antes de que a nota desapareza, a ver cantos puntos conseguides..

atrapa notas

por ultimo podedes facer unha ficha e colocar o nome das notas que faltan (adxunto debaixo)

SAÚDOS!!!

 

 

 

TAREFA NATURAIS 3º 28 DE MAIO

Bo día familias !!!, imos seguir un tema máis de repaso con ciencias sociais, o tema 2,  tedes asigando na aula virtual unha ficha (que adxunto) e unha actividade de reforzo interactiva.

Antes de nada facedes unha lectura das páxinas 26 e 27 do libro (adxunto captura de pantalla), despois vedes unha explicación do ciclo da auga facendo click na man (PÁX 26), de seguido tedes outra man na que vos explica as medidas de aforro da auga (PÁX 27) , facedes click e a vedes, e por último vedes o vídeo de como se depura a auga facendo click na man da páxina 27 arriba de todo ou no enlace que poño debaixo:

 

 

VÍDEO SOBRE O PROCESO DE DEPURACIÓN DA AUGA

 

SAÚDOS!!!!

3º Primaria. Xoves 28 de maio.

Ola familias!!

O traballo do xoves:

  • Primeiro Ciencias.
  • Mates, vamos cos polígonos.
  • Música e Inglés.
  • Plástica, tedes para elixir.

TAREFA SOCIAIS 3º 27 DE MAIO

BO DÍA FAMILIAS, PARA REMATAR O REPASO DO TEMA 1, TEDES ASIGNADAS DÚAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE AMPLIACIÓN NA AULA VIRTUAL E UNHA FICHA DE REPASO DE TODO O TEMA.FICHA QUE ADXUNTO DEBAIXO.

 

SAÚDOS!!!!

3º Primaria. Mércores 27 de maio.

Ola familias!!

Traballo do mércores:

  • Primeiro algunha actividade de Ciencias e Inglés.
  • Relixión e Valores, hoxe unha de adiviñas.
  • Galego, repaso de demostrativos.
  • Castelán, palabras rematadas en -illo, -illa.
Distribuir contido


by Dr. Radut