Skip to Content

 

   

3º Curso

Traballo de Inglés para a semana do 8 ao 12 de xuño

Hola.

Preme AQUÍ para descargar os videos e traballos para esta semana.

Un saúdo. Risa

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 3º 5 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, HOXE PROPOÑO SEGUIR CO REPASO DE NATURAIS OLLANDO UNHA PRESENTACIÓN QUE TEDES NA PÁXINA 10, "CON ÓSOS OU SEN ÓSOS", FACEDES CLICK NA MAN NA PARTE SUPERIOR NO CENTRO.

DESPOIS LEDES AS PÁXINAS 10 E 11 CON ATENCIÓN E FACEDES A FICHA "DIFERENCIAMOS ANIMAIS" QUE ADXUNTO E QUE XA ESTÁ ASIGNADA.

 

QUE PASEDES UN BO FIN DE SEMANA!!!

3º Primaria. Venes 05 de xuño.

Ola familias!!

Remata a semana, este é o traballo do venres:

  • Ciencias.
  • Mates, círculo e circunferencia.
  • EF, retos coa auga ou coa mochila!
  • Castelá, unha rima.
  • Galego, repasamos o adxectivo.

 Boa Finde!!! Sorriso

MÚSICA 3º 4 DE XUÑO

OLA DE NOVO, PARA MÚSICA PROPOÑO QUE INTENTEDES TOCAR NA FRAUTA A CANCIÓN DA BELA E A BESTA, MOI COÑECIDA POLO FILME DO ANO 2014, CANDO SÓ TIÑADES 3 ANIÑOS. É DOADA DE TOCAR, CUNHA POUCA DE PACIENCIA, DEIXOVOS A PARTITURA NUN ADXUNTO.

CONTESTADE A ESTAS CUESTIÓNS ANTES DE TOCAR:

- QUE CLAVE UTILIZAMOS?

- EN QUE COMPÁS ESTÁ ESCRITA?

- QUE NOTAS DA ESCALA MUSICAL UTILIZA?

- QUE FIGURAS E SILENCIOS APARECEN

- CREDES QUE TEN UN TEMPO RÁPIDO OU LENTO?

 

ANTES DE NADA BOTADE UNHA OLLADA A UN GENIALLY QUE FIXO UN AMIGO MEU E TAMÉN PROFE DE MÚSICA CON CONSELLOS PARA TOCAR ESTE INSTRUMENTO:

 

https://view.genial.ly/5eb194c4e4d83e0d37f2ad37 (CONSELLOS PARA FRAUTA DE PICO) 

A BELA E A BESTA PARA FRAUTA

 

SAÚDOSSSSS E ÁNIMO!!!!

CIENCIAS NATURAIS 3º 4 de xuño

Bo día atodos e todas, hoxe comezamos o repaso de ciencias naturais, comezamos polo tema 1, ledes as páxinas 8 e 9 (adxunto captura de pantalla), que fala das funcións vitais dos seres vivos e despois visualizades o vídeo da páxina 6 DESCUBRINDO AOS ANIMAIS e tamén a presentación da páxina 8 das funcións vitais (clickades nas conseguintes mans). Logo podedes facer a ficha que adxunto e que xa está asignada.

SAÚDOSSS!!!!

3º Primaria. Xoves 04 de xuño.

Ola familias!!

Traballo do xoves:

  • Empezade por Ciencias.
  • Matemáticas, contas e problemas de figuras planas.
  • Facede algunha actividade de Música e Inglés.
  • Plástica, un coello saltarín.

TAREFAS CC. SOCIAIS 3º 3 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, HOXE IMOS FACER UN HA FICHA DE REPASO DE TODO O TEMA QUE XA TEDES ASIGNADA, E ADEMAIS TEDES VARIAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE AMPLIACIÓN PARA FACER DIRECTAMENTE NA AULA VIRTUAL.

SAÚDOS!!!

3º Primaria. Mércores 03 de xuño.

Ola familias!!

Este é o traballo do mércores:

  • Podedes empezar por Ciencias e Inglés.
  • Relixión e Valores, seguimos coas adiviñas.
  • Galego, actividades de comprensión.
  • Castelán, Rematamos o conto.

Religión Católica - Actividades 3º curso del 1 al 5 de Junio

Hola.....

El tiempo fue pasando y ya estamos en el mes de Junio. 

Para esta semana os dejo para que veais una película y hagais una sopa de letras muy sencilla.

Ánimo que os estáis portando fenomenal .....!!!!

 

3º Primaria. Martes 02 de Muño.

Ola familias!!

O traballo do martes:

  • Algunha actividade de Inglés.
  • Matemáticas, un pouco de triángulos.
  • Castelán, seguide co conto de animais.
  • Galego, lectura e comprensión.
  • EF, seguide cos retos de Gonzalo.
Distribuir contido


by Dr. Radut