Skip to Content

 

   

5º Curso

tarefas ciencias naturais 5º, 3 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, TEDES UNHA NOVA TAREFA PARA REMATAR O TEMA:

CONTESTADES ÁS PREGUNTAS DIRECTAMENTE NA TAREFA, E DESPOIS FACEDES O AVALÍATE INTERACTIVO NO APARTADO 8. CONTESTADE CON INTERÉS E DEIXÁDEVOS DE MONOSÍLABOS.

SAÚDOS.Guay

MÚSICA 5º 2 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES NOVA TAREFA NO TEMA 2 DE MÚSICA, TRÁTASE DE QUE INVESTIGUEDES SOBRE 5 BATERISTAS FAMOSOS E QUE ESCRIBADES EN QUE GRUPOS OU CON QUE ARTISTAS COLABORARON.

DE PASO PODEDES FACER AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DO APARTADO 2 NO QUE SE FALA DA FAMILIA DA PERCUSIÓN, EN CONCRETO DOS IDIÓFONOS (PRATOS, ETC)  E DOS MEMBRANÓFONOS (TIMBAIS, CAIXA, BOMBO, ETC), A BATERÍA TEN TANTO DUN TIPO COMA DO OUTRO COMO PODEREDES OBSERVAR.

SAÚDOS!!

Religión Católica - Actividades 5º curso del 1 al 5 de Junio

Hola .......  ¿Qué tal?

Para esta primera semanita de Junio os dejo para ver una película y para hacer una manualidad. Las dos cosas estan relacionadas.

Mucho ánimo y ya me direis si os resultó fácil.

 

tarefas naturais e plástica 5º 1 de xuño

BO DÍA FAMILIAS DE 5º, HOXE TEDES NOVA TAREFA DE PLÁSTICA NA QUE APRENDEREDES ALGO SOBRE A SIMETRÍA.

EN NATURAIS TEDES UNHA TAREFA NA QUE FALAREDES EN FAMILIA SOBRE BOAS PRÁCTICAS PARA COIDAR OS ECOSISTEMAS E DESPOIS TEREDES QUE FACER UNHA PRESENTACIÓN NA QUE APAREZAN REFLEXADAS ESAS PRÁCTICAS DE MODO QUE PODADES  EXPLICARLLAS A OUTROS E OUTRAS NENOS E E NENAS.

MOITO ÁNIMO!!!

tarefa naturais 5º 29 de maio

Bo e caloroso día familias!!, hoxe propoño unha tarefa para o finde, antes de facela vedes o vídeo que colguei sobre os problemas que poden ter os ecosistemas, ledes o apartado 6 e despois ledes a tarefa,REPITO LEDES A TAREFA E AS CUESTIÓNS ALO MENOS DÚAS VECES!!!!!!,despois buscades as coordenadas e contestades a tres preguntas, a 4ª trata de observar no día a día e fixarse en cousas que afectan ao noso medio.

A tarefa do apartado 6 é a seguinte

Busca nun mapa satélite da Internet as seguintes coordenadas: 

 

● Coordenadas a: 36º44'12''N 2º44'55.6''W 

● Coordenadas b: 40º42'16.3"N 73º49'54.9"W 

● Coordenadas c: 3º39'22.9"S 61º30'55.6"W 

● Coordenadas d: 66º8'47''S 65º32'4''W 

● Coordenadas e: 22º17'0.5''S 68º54'0''W.

Observa e analiza o que ves.

  • Trátase de ecosistemas naturais ou humanizados?
  • Como os describirías? Que diferenzas observas entre eles?
  • Que impresión che causa cada un deles?
  • Ao longo de un día observa o teu medio e anota polo menos dez situacións que cres que lles están causando un dano aos ecosistemas e que se poderían corrixir.

Coma sempre podes contestar ás cuestións directamente NA TAREFA ou colgar un arquivo de texto

ánimo!!!

aviso ciencias naturais 5º 27 de maio

Bo día a todos e todas, hoxe non poño tarefas novas, ide facendo o esquema e entregando os atrasados , vale.

Lembrade que os esquemas son para entender nun golpe de vista de que vai o tema, neste tedes que ter en conta as relacións entre conceptos, por exemplo, as dúas primeiras frechiñas debería dirixirse, unha cara a ECOSISTEMAS NATURAIS e outra a ECOSISTEMAS HUMANIZADOS, do primeiro sairán 3 frechas, unha a TERRESTRES, outra a ACUÁTICOS, e outra a MIXTOS, despois algunha característica e exemplo de cada concepto e listo.

 saúdos!!!!!

Religión Católica 5º Curso. Actividades 27 de Mayo

Hola de nuevo chicos/as de 5º ¿Qué tal estáis?

Esta semanita tendréis que averiguar que camino es el más cercano a vuestra casa para llegar a Santiago  como si fuerais peregrinos.

Después podeis hacer una visita virtual a la Catedral. https://www.turismo.gal/librodepedra/libro.html 

La solución podeis enviarla como siempre a mi correo:  lolypaz@edu.xunta.es

 Ánimo    

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 5º PRIMARIA 26 de maio

Ola de novo, tedes nova tarefa en naturais. colguei un vídeo sobre os tipos de ecosistemas, tedes que ver o vídeo e ler o apartado 5 do libro, de seguido facedes un esquema e o entregades en PDF. Ollo , un esquema, o importante, sen literatura!!!!!

saúdosss!!!

música 5º 26 de maio

Bo día, estiven mirando a derradeira tarefa e teño que decir que non vos preocupedes se errades coas partes das obras musicais, por que non é doado discriminar auditivamente, para facelo ben hai que ter moita experiencia escoitando e interpretando obras musicais, o que quero é que entendades que as obras musicias teñen partes e ademais dependendo desas partes reciben uns ou outros nomes.

Coma tarefa nova, quero que vaiades ao apartado 1 do tema 2:

 

O teu oído e a túa voz: 'A felicidade'

Nel, tedes que facer o ESCOITA E APRENDE, todo, escoitando concentrados sen ruídos que podan molestar, e contestando ás cuestións que vos plantexan, se queredes podedes facer un vídeo coas respostas  ou un libre office e enviarmo ao correo: daniel.agullo@edu.xunta.gal

SAÚDOSSS!!!

tarefas ciencias e plástica 5º 25 de maio

Bo día, que tal o finde? hoxe non vou poñer novas tarefas por que moitos de vos ides atrasados coas tres anteriores e polo tanto déixovos o día de hoxe para que vos poñades ao día.

AVISO IMPORTANTE:Na derradeira tarefa pido exemplos de animais concretos, non me poñades plantas, insectos e aves, senón: Que plantas?, que insectos? e que aves? do ecosistema escollido.

En plástica tedes unha tarefa no tema 2 , tedes que facer un collage surrealista, primeiro ledes o apartado 1 e vedes os exemplos, logo facede a tarefa e enviade unha foto engadíndoa como arquivo, lembrade que non pode pesar máis de 10MB.

 

saúdos!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut