Skip to Content

 

   

5º Curso

tarefas de música para 5º

Bo día a todos e todas, tedes unha nova actividade interactiva no tema 2 de música abaixo de todo e aquí un titorial de frauta en vídeo:

Explora: Las cualidades de los sonidos de tu entorno

Interactivo que guía el trabajo colaborativo de exploración sobre los sonidos de su propio entorno

 

ademais da panteira rosa para frautaGuay

 

saúdos!!!

CIENCIAS NATURAIS E MÚSICA DE 5º

Bo día a todos e todas!!!, hoxe non vos poño tarefas novas, repasade os INVERTEBRADOS para o cuestionario de mañá, lembrade:  podedes abrilo ás 10 da mañá, son 10 preguntas e tedes 30 minutos para facelo, é moi doado e nos esquemas que fixéchedes está todo ok. Sorte!!!

De música, lembrade que estamos a esperar polos vídeo de Uxía Lambona, das letras Galegas....gravade un vídeo,como querades, bailando, cunha montaxe fotográfica, acompañando con pandeiretas , tambores, cunchas, o que vos saia da imaxinación e o enviades ao correo do cole ou a o meu, veña ...animádevos!!!!!!, queda esta semana!!!

 

 canción verdescente de Uxía LambonaGuay

 

saúdos e ánimo rapazada!!!

tarefa plástica 5º luns 11 de maio

Ola de novo, tedes tamén unha nova tarefa de plástica sobre as pinturas rupestres no tema 1 apartado 7: SABER OBSERVAR, lembrade que podedes contestar ás cuestións directamente na tarefa

tarefa naturais 5º, 11 de maio

Ola  a todos e todas, que tal o finde?. Como o tema 5 de sociais non o podemos levar adiante, porque fala da estructuración poítica de España, e non está relacionado co anterior, non o podemos considerar unha ampliación. Non é o caso de naturais, xa que o tema 5 fala dos ecosistemas nos que viven tanto vertebrados coma invertebrados no noso planeta terra.

Por isto imos seguir con ciencias naturais e daquela propoño que no tema 5 , OS ECOSISTEMAS, que xa tedes aberto,a modo introductorio fagades un SNACK EXPERIMENT, que tedes ao final, no que se fala de como ERATÓSTENES demostrou que a terra era redonda e non plana coma creían os seus cohetáneos.

Aínda che queda algunha dúbida sobre se a terra é plana ou esférica? Seguro que non! Neste snack experiment sabrás como Eratóstenes puido demostrar que a terra é esférica e calcular o seu radio.

 

Lembrade que o mércores 13, ás 10 da mañá, ábrese un cuestionario do tema dos INVERTEBRADOS!!!!!!!

 

saúdos !!!

 

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola chicos/as de 5º curso.

Para esta semana os dejo una ficha muy sencilla.

También os dejo mi correo por si teneis alguna duda o quereis hablar conmigo.

    lolypaz@edu.xunta.es

Mucho ánimo !!!!

ESL- 4th - 8t MAY 2020

This week we have a change in the planning of activities. Given that we must reinforce and review previous contents, this is this weeks layout:

  1. Unit 1 - Friends review (contents) 4th-8th May
  2. Unit 1 - Friends (hand in the work)
  3. Reading: Passage 1-Level 3 (6th of May)

To simplify your work, I've decided to simply leave the DIGITAL BOOK available.

You must do the activities using XOURNAL and when you have finished send them to me in PDF format.

 

MÚSICA PARA 5º, 8 DE MAIO

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIROGuay

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

TAREFAS DE CIENCIAS NATURAIS DE 5º, VENRES 8 DE MAIO

OLA A TODOS E TODAS!!!, A PARTIR DE HOXE VOU POÑER AQUÍ AS TAREFAS ADEMAIS DE EN EDIXGAL COMA ATE AGORA. 

Os que non entregáchedes o esquema, pois ide entregando e os que xa o entregáchedes podedes ir facendo do apartado 7 do libro, (AO PECHE, o QUE APRENDICHES?), na libreta, e o AVALÍATE no ordenador directamente.

AVISO IMPORTANTE:

O MÉRCORES QUE VEN, ÁS 10 DA MAÑÁ VOU ABRIR UNHA PEQUENA PROBA TIPO TEST DESTE TEMA DOS INVERTEBRADOS, 10 PREGUNTAS PARA FACER EN 30 MINUTOS (SE ALGUÉN NON PODE A ESA HORA QUE AVISE)

saúdos!!!

 

ALEJANDRO E OS PEIXES MARONII

Alejandro Rodríguez Martín deunos un "repaso", aos nenos e nenas de 5º e 6º de EP, sobre uns peixes dos que nunca oíramos nada; os peixes MARONII. É incrible a cantidade de coñecementos que ten Alejandro sobre estes animais de acuario. Estou seguro de que algún de nós acabará animándose a poñer un acuario na casa, aínda que deixou claro que non podiamos tomarnos á lixeira a instalación na casa; que son peixes moi delicados e que precisan de bos coidados e que deberíamos comezar por outros máis sinxelos de coidar.

                         

Distribuir contido


by Dr. Radut