Skip to Content

 

   

Ed. infantil

Religión Católica - Actividades Ed. Infantil 3, 4 y 5 años

Hola familias:

Esta semana os propongo para ver y comentar con vuestros hijos una pelicula del Arca de Noé. 

Recordar que podeis poneros en contacto conmigo en este correo:   lolypaz@edu.xunta.es

Un saludo

9ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Bo día familias!!!

Esta semana vainos tocar lembrar e repasar os aspectos traballados no Proxecto dos Alimentos: nome, forma, clasificación, orixe, alimentos saudables, adiviñas, pirámide de alimentos... Para elo propoñémosvos unha batería de actividades que deseñamos para que vos resulte máis doado (podedes facer unhas poucas cada día):

                                                                                                  

Outra das propostas consiste en construír mandalas de alimentos que teñades na vosa cociña ou de materiais de refugallo antes de que vaian para o lixo. Aquí vos deixamos un exemplo que vos serva de inspiración e un recordatorio da que fixemos no cole durante o outono:

                                                                            

Deixade voar a vosa imaxinación e animádevos a enviarnos algunha fotiño coas vosas creacións!!!

Como complemento á actividade de construción de mandalas, podedes elaborar a listaxe de alimentos ou mateiais empregados e anotar o número de elementos de cada clase que precisáchedes, seguindo estas indicacións:

  • 3 anos: debuxar e colorear (ou recortar de folletos) os alimentos ou materiais de refugallo empregados, contar cantos hai de cada tipo, anotar o número en anaquiños de papel (esta anotación pode ser feita polo adulto) e pegar cada número ao lado do alimento ou material que corresponda.
  • 4 anos: debuxar e colorear os alimentos ou materiais de refugallo empregados, contar cantos hai de cada tipo e escribir o número ao lado do alimento ou material que corresponda.
  • 5 anos: escribir o nome dos alimentos ou materiais de refugallo en forma de lista, contar cantos hai de cada tipo e anotar o número ao lado do nome do alimento ou material. 

APERTAS VIRTUAIS PARA TOD@S!!!!

música INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS 14 DE MAIO

BO DÍA MIÚDOS E MIÚDAS DE ESTEIRO , HOXE PROPÓÑOVOS O SEGUINTE:

 

1. Pinchando neste enlace poderedes desfrutar do conto do “Grúfalo” en familia.

https://www.youtube.com/watch?v=KmHgPDZW0h4

 

2. Como soarán os personaxes do conto? Podes inventar ritmos ou melodías para cada

personaxe tendo en conta a súa forma de ser, coa voz, con percusión corporal (palmas,

pisadas, chasquidos...), con obxectos da vida cotiá (culleres, tixola, vasos, cubos...) ou

con calquera cousa que se ocorra. A música está en t

● Rato

● Raposo

● Moucho

● Serpe

● Grúfalo

(Se queres e/ou podes grava o son e comparte!)

Tamén podedes cantar a canción da “Ratiña Curiosa” amiga do Rato. Aquí está nesta

ligazón https://youtu.be/R9M2wQna1jI. Tedes a letra aquí!

Religión Católica - Actividades del 11 al 15 de Mayo

Hola familias:

Para esta semana dejo una canción para escuchar. Espero que les guste.

También os dejo mi correo por si necesitais poneros en contacto conmigo.

   lolypaz@edu.xunta.es

 Mucho ánimo !!!

8ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Olaaa, bo día a todas e todos!!!

Aquí estamos de novo as mestras de E. Infantil para anunciarvos, aínda que seguramente xa o sabedes, que este ano o escritor homenaxeado no Día da Letras Galegas chámase Ricardo Carvalho Calero e naceu en Ferrol. Por este motivo consideramos que debe ser unha conmemoración moi, moi, pero que moi especial; aínda que continuemos en estado de alarma e non esteamos no cole.

É por iso que esta semana fixemos unha ampla selección de recursos e actividades para coñecer mellor a este gran escritor ferrolán, que esperamos vos gusten.

Para comezar, un vídeo sobre a súa vida e a súa obra (biografía) protagonizado por algúns dos seus descendentes e un album de fotos elaborado polo Seminario Galán:

                                                                 

 

Se queres lembrar e practicar o que acabas de ver e escoitar clica aquí.

Sabias que unha das obras máis coñecidas de Carvalho Calero é un conto baseado nas súas propias experiencias de cando era neno?. Se queres desfrutar dunha adptación para os nenos e nenas de E. Infantil, clica no vídeo. Ao lado dereito atoparás actividades interactivas sobre o conto.

                                                                            

Actividades por niveis en liña e para imprimir do Seminario Galán:  

  • 3 anos: clica aquí para resolvelas en liña, ou neste enlace se queres imprimir algunha ficha.
  • 4 anos: clica aquí para resolvelas en liña, ou neste enlace se queres imprimir algunha ficha. 
  • 5 anos: clica aquí para resolvelas en liña, ou neste enlace se queres imprimir algunha ficha.

Para rematar propoñémosvos un xogo de retos (clica no altofalante para comezar).

Mirade que traballo máis chulo fixo o alumnado de 5º do noso cole para presentar ao concurso XX Certame de creación artística Poesía e Imaxe. Lembrade que tedes ata o día 14 para enviar as gravacións do de Uxía Lambona (clica aquí para ver as instrucións).

                                                               

Moitos bicos de parte das profes!!!BesoBesoBesoBeso 

PRE-PRIMARY ENGLISH WORK 11TH-14TH OF MAY

This week we're going to remember MY FAMILY & TOYS

'Imos lembrar o estudado ao longo da unidade 2'

3 year olds

4 year olds

5 year olds

MÚSICA PARA INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS XOVES 7 DE MAIO

BO DÍA MENIÑOS E MENIÑAS DE INFANTIL, HOXE PROPÓÑOVOS CANTAR UNHA CANCIÓN MOI CHULA DOS ANIMAIS DA GRANXA, CUN RITMAZO MOI DO SUR DAS AMÉRICAS. A VER COMA A CANTADES COA FAMILIA!!!!, DESPOIS PODEDES COLOREAR A FICHA QUE ADXUNTO DO PORCO ROCKEIRO E AS GALIÑAS. QUE TAL VAI O VÍDEO DE UXÍA LAMBONA, DÉIXOVOS TAMÉN O VÍDEO QUE VOS DEDICOU.

ANIMÁDEVOS FAMILIAS DE INFANTIL!!!!

OVIRAVAI "ESA GRANXA"

 

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIROGuay

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

PRE-PRIMARY ENGLISH WORK 4TH-8TH OF MAY

We're going to start remembering what we studied along this year. The task is absolutely volunteer.

'Imos lembrar o estudado ao longo deste ano'

 

 

7ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Bo día familias!!! 

Como van eses paseos? Supoñemos que desfrutándoos moito.

Continuades axudando na cociña? Lembrades os menús que deseñaba a/o encargarda/o cada día?                                      

          Esta semana ímosvos convidar a que elaboredes un deses pratos tan saborosos que lle axudades a preparar a papá ou a mamá, e que nos enviedes a receita. Pode ser un primeiro prato, un segundo ou unha sobremesa, o que máis vos apeteza. Para facilitarvos o traballo deixámosvos un modelo de receita (ver adxunto na parte inferior esquerda) con debuxos e etiquetas dos ingredientes máis utilizados e das accións máis comúns. As nosas recomendacións son as seguintes: 

  • 3 anos: colorear e recortar os debuxos que vos veñan ben do modelo, e debuxar e colorear os ingredientes e accións que vos falten. Pegar nos apartados de ingredientes e elaboración segundo corresponda.
  • 4 anos: debuxar e escribir os ingredientes e accións que non aparezan no modelo; se aparecen todos podedes alternar os proporcionados cos debuxados e escritos por vos. Unha vez que os teñades todos, pegar nos apartados correpondentes tendo coidado de ordear debidamente as accións da preparación.
  • 5 anos: debuxar e escribir toda a receita. Se se vos fai moito, podedes combinar escritura e etiquetas igual que os de 4 anos. Non esquezades anotar as cantidades.

Boa semana e bo proveito chefs!!! Canso

Distribuir contido


by Dr. Radut