Skip to Content

 

   

Ed. infantil

INICIO CURSO 2018/2019

COMEZAMOS!!!!!

    Damos a benvida aos nosos nenos e nenas para empezar un novo curso cheo de emocións, descubrimentos, experiencias e aprendizaxes.

 

 

   Esta semana elaboramos entre tódolos nenos e nenas un MURAL DE BENVIDA
con moitas ilusións:

 

 

                                                                             

           

OUTONO NO CLUB DE CAMPO

OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS VISITAMOS O CLUB DE CAMPO. APROVEITAMOS ESTA ÉPOCA DE OUTONO PARA OBSERVAR A PAISAXE, RECOLLER FOLLAS, FROITOS E DISFRUTAMOS MOITÍSIMO VENDO COMO OS PARRULOS CHAPOTEABAN NA AUGA. PASÁMOLO MOI BEN COMPARTINDO ESTE DÍA  COS COMPAÑEIROS FÓRA DO COLEXIO.

OS PEQUENIÑOS E OS VERMES DE SEDA

Traballamos cos vermes de seda. Soubemos como crecen e como se agochan. Teñen uns fíos amarelos moi bonitos.

O OUTONO EN INFANTIL

FOMOS DE EXCURSIÓN PARA VER O OUTONO IMOS EN AUTOBÚS "QUE ORDENADIÑOS SOMOS"

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: RECEITAS DE SOBREMESA DE FERROL

AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTIVEMOS TRABALLANDO COAS RECEITAS DE FERROL E ESTE MARTES PREPARAMOS ARROZ CON LEITE MOI TÍPICO NA NOSA CIDADE.

Preguntamos na casa por receitas típicas de Ferrol para a sobremesa, escribimos as receitas e trouxémolas á nosa escola. Estudamos os alimentos máins sans e os que non o son tanto.

Esta semana fixemos unha desas receitas en clase "Arroz con leite" Primeiro seleccionamos os ingredientes e encargámosllos ás nenas e nenos do primeiro ciclo, pois ían visitar o Mercado da Magdalena.

Despois comezamos a nosa andaina coma cociñeiros...

 

 

Lavamos as mans, as mans limpiñas salvan vidas, sacamos os mandís e os chapeus de cociñeiro e estabamos todos e todas guapiiiiiiiiiiiiiisimos...
 
 Os encargados deste día foron os primeiros en estrear a nova imaxe.
 
 
 
 
 

CHEGOU O ENTROIDO

Fomos disfrazados de durmiñóns cos nosos pixamiñas e o gorro de durmir. Na clase fixemos carautas que pintamos con pincel.

CANTIGA DOS DURMIÑONES...
"Había unha vez un entroido trapalleiro
había unha vez un entroido trapalleiro
e nel viñemos, e nel viñemos,
e nel viñemos nós cantar...

Oe oe oe oe oe...

Os nenos de infantil queremos medrar moito
por iso agora, por iso agora
nos botaremos a durmir...

Oe oe oe oe oe...

Desperta Manoliño, desperta ao teu veciño
que neste entroido, que neste entroido
moi despertiños hai que estar...

Oe oe oe oe oe...

Distribuir contido


by Dr. Radut