Skip to Content

Baloncesto interescolar

O venres 26 de maio participamos xunto con outros centros escolares na xornada interescolar de baloncesto que se celebrou no pavillón polideportivo Alonso Rodríguez de Noia.

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

Publicouse no DOG do venres 19 de maio de 2023 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2023/2024 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Axudas para libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria

Axudas para material escolar para todo o alumnado de Primaria

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aqui e presentala presencialmente.

"Un optimista radical"

 

 

O 16 de maio tivo lugar na biblioteca do noso colexio a representación do espectáculo "Un optimista radical", realizado polo autor noiés Serafín Marcos para difundir entre as novas xeracións a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Houbo tres representacións duns 50´ cada unha.

Clica na imaxe para ver as fotografías

No espectáculo "Un optimista radical" Serafín Marcos fixo un percorrido pola vida de Francisco Fernández del Riego levando ás persoas asistentes dende Vilanova de Lourenzá, a súa vila natal, ata a cidade de Vigo co humor característico das súas montaxes. 

O evento pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano. 

VER FOTOS DESTE EVENTO

Mural de Francisco Fdez. del Riego

O alumnado de 6º curso de primaria elaborou un macromural en tea sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2023.

Preme na imaxe para ver as fotosVer fotografías

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO

Publícase a listaxe definitiva de admisión de alumnos para o próximo curso.

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión de cara ao curso 23/24 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

Concerto didáctico

O xoves 4 de maio desprazámonos co alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria ata o Coliseo Noela para asistir a un concerto didáctico ofrecido polo Consevatorio de Noia.

O alumnado pasouno moi ben disfrutando da música en vivo e atendendo ás explicacións sobre as diferentes familias de instrumentos musicais. O Concerto Didáctico trata de involucrar aos nenos nunha experiencia musical inesquecible, onde se esparce a semente de gusto pola música que poderá cultivarse durante toda a vida. Estes concertos vívense como viaxes a través do tempo mediante os estilos musicais e a súa evolución, neles os alumnos/as son guiados polos músicos que utilizan pezas de música coidadosamente seleccionadas e de maneira interactiva e divertida van transmitindo o coñecemento, as notas, a harmonía, os sons que producen os seus instrumentos...

 

Nova placa

O mércores 3 de maio realizamos a substitución da vella placa de madeira que estaba posta na rocha situada diante da fachada do colexio por outra placa nova fabricada en metacrilato incoloro.

 

Tal e como se aprecia na fotografía, na placa pódense ler os seguintes versos pertencentes ao poema "A fala" do poeta galego Manuel María.

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

Deste xeito queremos reafirmar o compromiso do noso colexio coa defensa da nosa lingua e o seu emprego en todos os ámbitos.

Día do Libro, 23 de abril

Para conmemorar o Día do Libro o noso alumnado fixo a súa propia aportación literaria.

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión de cara ao curso 23/24 está admitido.

Pódense consultar as listas na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ entrando coa CHAVE 365 ou co certificado dixital.

Para aquelas persoas que desexen consultalo no propio centro as listaxes están expostas no taboleiro do centro.

Visita de María Canosa

Hoxe o alumnado de 4º de primaria asistiu na biblioteca do colexio a unha charla con María Canosa, autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil. O noso alumnado leu a obra de María Canosa "O que nunca che contaron"

Clica na imaxe para ver as fotografías

Distribuir contido


by Dr. Radut