Skip to Content

XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS

Durante esta semana a cruz vermella veu dar unha actividades de Primeiros Auxilios ás/aos alumnas/os do colexio.

 

 

 

1º XORNADA CAMPO A TRAVÉS (XOGADE)

O 7 de decembro as/os alumnas/os de 3º de primaria ata 6º de primaria do colexio foron á 1º xornada de campo a través no Estadio Municipal Julio Mato "Matito".

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR NOVEMBRO 2022

Cada dous anos procédese á renovación parcial dos membros dos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto.

Compoñentes do consello escolar no noso centro (15):

    • Membros natos:
      • 3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)
    • Membros elixibles:
      • 5 representantes do profesorado.
        • A renovar 2 nesta convocatoria
      • 5 representantes das persoas responsables de alumnado.
        • A renovar 3 nesta convocatoria.
      • 1 representante do persoal de administración e servizos.
        • A renovar 1 nesta convocatoria.
    • Membros designados:
      • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
      • 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.

Circular informativa pais/nais alumnado.

Modelo de presentación de candidatura pais/nais do alumnado.

Calendario das eleccións ao Consello Escolar.

Normativa que regula o proceso:

 

O MAGOSTO NO SAMAÍN

 

 

 

Axudas para Material AMPLIACIÓN

Todos/as os alumnos/as que recibiron axudas de material van recibir unha axuda complementaria de 25 € segundo a Resolución do 5 de outubro de 2022 da Consellería de Educación publicado no DOG do 14 de outubro de 2022.

Esta axuda teñen que vir buscala os país ao cole ata o 21 de outubro xa que teñen que asinar como comprobante de que a recolleron.

Esta axuda ten que ser gastada preferiblemente antes do 1 de decembro

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2022-23

Poden consultar as datas das reunións de inicio de curso pulsando aqui.

 

RECOLLIDA DE VALES PARA MATERIAL E LIBROS

Recordamos que os días para recoller os vales para material de Educación Primaria e os vales para libros de 1º e 2º de Primaria son o 4 e 5 de xullo

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO DE LIBROS

Xa está publicada a listaxe provisional de admitidos para o reparto de libros do fondo para 3º e 4º de primaria. Esta lista poden consultala no tablón de anuncios de colexio. 

Tamén poden consultala individualmente se están admitidos ou non na aplicación FondoLibros utilizando a Chave365 ou certificado dixital.

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2022-2023

A lista de libros para o curso 2022-2023 poden consultala pulsando aqui.

Distribuir contido


by Dr. Radut