Skip to Content

FORMALIZACIÓN DA MATRICULA

Todas as persoas que fixeran unha solicitude de admisión teñen que formalizar a matricula no periodo do 20 ao 30 de xuño. 

O documento de formalización da matrícula poden descargala aqui.

 

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022

Publicouse no DOG do xoves 20 de maio de 2021 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º, 4º de Primaria e as axudas para material escolar do alumnado de toda primaria. Poden descargar o DOG pulsando aqui.

Para o curso 2021/2022 os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente via telematicamente a través da aplicación Fondolibros.  O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 22 de xuño ambos incluidos. Se se presenta presencialmente por protocolo COVID ten que ser en horario reducido de 09:30 a 10:30 e de 12:30 a 13:30.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio pulsando en cada unha delas:

Axudas para libros para o alumnado de 1º e 2º de Primaria

Fondo de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria

Axudas para material escolar para todo o alumnado de Primaria

 

Tamén poden descargar a solicitude pulsando aqui e presentalas presencialmente.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2021/2022

Todos os alumnos/as que fixeron unha solicitude de admisión tanto en prazo como fóra de prazo para o curso 2021/2022 están admitidos.

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2021/2022

Todos os alumnos/as que fixeron unha solicitude de admisión en prazo para o curso 2021/2022 están admitidos.

Todos os alumnos que fixeron unha solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2021/2022 están provisionalmente non admitidos.

CELEBRACIÓN DO 8-M

Este é o mural para celebrar o 8-M realizado ca axuda de tod@s @s alumn@s do colexio.

COÑECE O NOSO CENTRO

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificado pola orde do 25 de xaneiro de 2017 e pola orde do 18 de decembro de 2020.

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 22 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar as solicitudes no propio centro con horario restrinxido débido ás medidas polo COVID no horario de 9:30 a 10:30 ou de 12:30 a 13:30.

Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2021-2022 pulsando aqui.

A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

 

V CONCURSO DE CARICATURAS DE ROSALIA DE CASTRO (2020-21)

Podedes ver as fotos do V Concurso de caricaturas de Rosalia de Castro premendo na imaxe inferior

 

 

DÍA DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Pulsen aqui para ir a galeria de imaxes

 

TITORIAS POR ABALAR MÓBIL

No seguinte video explícase a maneira de xustificar as faltas de asistencia do alumnado a través da aplicación abalar móbil para as familias. Do mesmo xeito explica como solicitar titoria co profesorado do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut