Skip to Content

DIA DO LIBRO 2022

 

 

COMUNICADO SOBRE O USO DAS MÁSCARAS EN INTERIORES

O 20 de abril deixou de ser obrigatorio o uso da máscara en interiores, como xa se fixera cos exteriores. De todas maneiras a Consellería de Sanidade fixo pública a recomendación de uso da máscara no interior dos centros educativos, por prudencia (aulas numerosas e algunas con pouca ventilación  existencia de persoas vulnerables, asistencia a clase de positivos, etc...)

A falta dun comunicado oficial, consideramos que esta recomendación do uso de máscara no interior do centro, xunto coas outras medidas do protocolo COVID que seguen vixentes (distancia, ventilación, hixiene), pode axudar a evitar novos contaxios. En todo caso, o Centro respectará a decisión que tome cada familia.

Lembramos que si deberán levar máscara os que presenten síntomas compatibles co COVID, os casos positivos e os contactos estreitos dos positivos durante dez días. Tamén é obrigatoria no transporte escolar.

Poden consultar as Directrices sobre o uso da máscaras no ámbito educativo pulsando aqui.

Agradecemos a comprensión de todos/as e a súa colaboración en todo momento. 

O EQUIPO DIRECTIVO

8M

Nesta data reinvidicativa dos dereitos da muller, o noso alumnado quixo deixar a súa "pegada" sendo plenamente conscientes do papel fundamental que nun futuro próximo poden ter como membros dunha sociedade que pretende ser igualitaria

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 21 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar as solicitudes no propio centro con horario restrinxido débido ás medidas polo COVID no horario de 9:30 a 10:30 ou de 12:30 a 13:30.

Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2022-2023 pulsando aqui.

A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

Tamén teñen que entregar a ficha de recollida de datos do centro.

Os Entroidos de Galicia no CEIP Felipe de Castro

 

 

 

VISITA O CENTRO

Poden visitar o centro nesta visita virtual: 

Mural de Rosalía de Castro

No cole realizamos un pequeno mural informativo sobre a vida e obra de Rosalía de Castro no que empreganos tamén algunhas das caricaturas elaboradas polo noso alumnado para o Concurso de Caricaturas de Rosalía.

23 de febreiro, Día de Rosalía

 Aquí podedes escoitar unhas gravacións de diferentes poemas  de Cantares Gallegos e Follas Novas lidos polo noso alumnado. Esta foi unha das diferentes actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía.

  • ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
 
  • CAMPANAS DE BASTABALES
 
  • HAS DE CANTAR
  
  • VENTE RAPASA
 
  • MIÑA CASIÑA, MEU LAR (Follas Novas)
 
  • PRA A HABANA! (Follas Novas)

DÍA DA PAZ 2022

 

FELICITACIÓN NADAL

 Neste nadal o alumnado do colexio fixo este mural para felicitar as festas

Distribuir contido


by Dr. Radut