Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O CEIP Felipe de Castro participou, un ano máis, nos "Xogos Deportivos Escolares en Idade Escolar" (XOGADE).

Clica na imaxe para ver as fotografías

Logo de superar as fases comarcal e intercomarcal celebradas en Noia e Porto do Son, un grupo de alumnas clasificouse para a fase PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS celebrada en Ferrol.

A partcipación do centro nesta fase final foi nas categorías Alevín, onde conseguiron o 3º posto por equipos e na categoría Infantil, onde tamén acadaron o 2º posto por equipos.

A título individual, umha alumna de 5º de Primaria acadou o segundo posto individual feminino.

Noraboa a todas e todos os participantes e PARABÉNS para as nosas gañadoras!!!

VER FOTOS

8 de marzo. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mural elaborado polo noso alumnado para conmemorar o Día Internacional da Muller, un día adicado á loita pola igualdade, a participación e ao empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

ENTROIDO 2023 "50 ANIVERSARIO DO CEIP FELIPE DE CASTRO"

Este ano fixemos o desfile do Entroido o venres 17 de febreiro e o tema escollido foi o 50 Aniversadio do CEIP Felipe de Castro. Deste xeito fixemos un repaso dos acontecementos históricos, deportivos, culturais... correspondentes ás diferentes décadas que viviu o colexio dende os 70 ata a actualidade.

Aí vai un resumo do que foi ese día tan divertido!

3ª Xornada Intercomarcal de Campo a travès

Despois de clasificarnos no Comarcal e no Intercomarcal, tócanos participar o vindeiro 17 de marzo no Campionato Provincial de Campo a través. Moita sorte rapazas!

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos pùblicos aquí.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Xornadas de portas abertas para o alumnado de nova incorporación.

DATAS: 1 e 2 de marzo de 2023 a partires das 16:00 horas ata as 18:00h

Confirma a túa asistencia enviando un correo electrónico a :

ceip.felipe.castro@edu.xunta.gal ou chamando ao teléfono 881886171

SERVIZOS de madrugadores, comedor escolar e autobús.

(Preme na imaxe inferior para ver o cartel a maior tamaño)

Día de Rosalía, 23 de febreiro

No seguinte vídeo podedes ver o mural que fixemos de Rosalía de Castro e tamén algunhas das caricaturas elaboradas polo noso alumnado para o Concurso de Caricaturas de Rosalía.

 

 

O xoves 23 de febreiro tamén realizamos co noso alumnado un obradoiro de chapas para conmemorar o Día de Rosalía (ver fotos)

Día da Paz

Para conmemorar este día, cada neno e nena trouxo da casa un lazo de cor branco de 50cm de longo e 5cm de ancho (aproximadamente). Neste lazo, escribiron unha mensaxe relacionada co tema ou pegaron un pequeno debuxo (EI).

 

O luns 30 de xaneiro baixamos por titorías a colocar os lazos no valado verde do patio de buses e ao rematar, ás 11:45, cantamos todos xuntos a canción "De que che vale" de Jesús Pareja.

 

Xornada comarcal de campo a través

O xoves 26 de xaneiro 175 nenos e nenas participaron na xornada comarcal de campo a través de Xogade que se celebrou no Loreto (Porto do Son).

A choiva non foi un impedimento. Noraboa a todos e todas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut