Skip to Content

Lista Definitiva de Admitidos nas Axudas de Máscaras

Poden consultar a lista definitiva de beneficiarios de axudas de máscaras no tablón de anuncios do colexio.

Poden vir a recollelas máscaras o día 3, 9 e 10 de decembro en horario de 09:30h a 10:30h e de 12:30h a 13:30h.

25-N 2021

Como actividade final para facer visible e implicar ao alumnado coa temática do 25-N elaboramos un mural no que aparece unha mensaxe coa que debemos implicarnos todas e todos, xa que non chega con non ser parte implilcada no maltrato e a violencia, senón que NON debemos deixar que esto pase e denunciar.

NON MIRES CARA OUTRO LADO

O cabelo da silueta foi elaborado por todo o alumnado do centro para tentar darlle unha cor a esta data. Estas mesmas flores están representadas na porta de cada aula onde, en cada pétalo dunha flor aparece unha mensaxe en positivo e outro en negativo para concienciar ao alumnado

 

 

 

AXUDAS PARA MASCARILLAS CURSO 2021-2022

A Consellería de Educación vai repartir mascarillas entre o alumnado matriculado en primaria. Vanas recibir directamente o alumnado beneficiario das axudas de material escolar. O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar tendo dereito a ela pode entregar unha solicitude no colexio desde o 15 de novembro ata o 26 de novembro en horario de 9:30 a 10:30 ou de 12:30 a 13:30.

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar neste curso (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en Educación Especial, baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% (PRESENTAR SOLICITUDE)

Poden consultar a documentación desta axuda nos seguintes enlaces:

SO TEN QUE ENTREGAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE NON SOLICITOU A AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021 (No ano 2021 celebraranse as eleccións adiadas do ano 2020)

Cada dous anos procédese á renovación parcial dos membros dos consellos escolares e normalmente coincide en anos pares polo que ao longo do mes de novembro procederemos a tal efecto

  • Sorteo dos membros titulares e suplentes da xunta electoral.
    • Celebrado o  27 de outubro ás 12:00 horas na secretaría do centro.
    • Calendario electoral.
    • Datas importantes:
      • Do 4 ao 11 de novembro, de 9 a 14 horas --> Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.
      • Do 15 ao 21 de novembro --> campaña electoral.
      • 22 de novembro --> votacións.  
  • Compoñentes do consello escolar no noso centro (15):
    • Membros natos:
      • 3 (Dirección, xefatura de estudos e secretaría)
    • Membros elixibles:
      • 5 representantes do profesorado.
        • A renovar 3 nesta convocatoria
      • 5 representantes das persoas responsables de alumnado.
        • A renovar 2 nesta convocatoria.
      • 1 representante do persoal de administración e servizos.
        • A renovar 0 nesta convocatoria.
    • Membros designados:
      • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
      • 1 representante do Concello, proposto polo mesmo.

Circular informativa número 2 pais/nais de alumnado

Modelo de presentación de candidatura pais/nais do alumnado

Circular informativa número 3 pais/nais de alumnado

Animamos á toda a comunidade educativa a que participe nas mesmas xa que o consello escolar é o órgano de maior representación.

Normativa que regula o proceso:

 

 

 

SAMAÍN 2021

 Chegou o outono. Caída da folla. Noites máis longas e días máis curtos. Época de celebracións terroríficas, como o Samaín e festeiro-gastronómicas como o Magosto.

No Felipe de Castro unimos as dúas e cada aula elaborou o seu monstro particular e traballou unha cantiga ou refrán do magosto.

Esperamos que en tempos vindeiros sexan unha auténtica festa e poidamos celebralas por todo o alto, tal e como nos gustaría. 

REUNIÓNS DE TITORIAS

Pulsando aqui poden consultar as distintas reunións que van realizar os/as titores/as cos pais/nais

INICIO DE CURSO 2021-22

Iniciamos o novo curso prorrogando as medidas anticovid reflectidas no protocolo do ano pasado. Polo que se manteñen todas as medidas recollidas na web do centro.

As clases darán comezo o xoves 9 de setembro co horario habitual de 9:00 h a 14:00 h

O alumnado do 4º de Educación Infantil comezará co período de adaptación. As familias serán informadas dos horarios polas titoras.

A organización da entrada continuará como o curso pasado: entra primeiro os nenos/as de transporte. A continuación accede o resto do alumnado: Infantil, 1º e 2º entrarán nesta orde pola porta principal e subirán pola escaleira dianteira. 3º, 4º, 5º e 6º acceden pola porta traseira e suben pola escaleira traseira.

RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL

A recollida de vales para libros de 1º e 2º de primaria e a recollida de vales para material de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria é os días 6 e 7 de xullo en horario de 9:00 - 14:00 h.

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2021-2022

Poden consultar a lista de libros para o curso 2021-2022 pulsando aqui.

En 5º e 6º de primaria non hai que comprar libros xa que o centro está no proxecto Edixgal e utilizan ordenadores.

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO

Saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para o curso 2021-2022 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria concedida polo concello de Noia.

O prazo para presentar as solicitudes de ditas axudas comenza o 17 de xuño ata o 7 de xullo de 2021 (ambos incluídos)

A continuación poden descargar:

- Convocatoria

- Documentación a Presentar

- Solicitude

Estas solicitudes non se entregan no colexio.

As solicitudes deberán presentarse, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria completa, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia.

Distribuir contido


by Dr. Radut