Secretaria

Uso da aplicación Abalar Móbil

Dende a dirección do colexio queremos animar a todas as nais e pais e/ou responsables a que teñades instalada a aplicación Abalar Móbil nos vosos smartphones. Será de gran utilidade durante o curso, principalmente para recibir avisos, notificacións, circulares e recordatorios relacionados coas actividades de aula e de centro. Aquí deixamos un vídeo explicativo e un manual de usuario.

Manual de usuario.

Inicio das clases: 11 de setembro

O mércores ás 9h iniciamos as actividades lectivas do curso 19/20. Iniciamos tamén actividades complementarias de madrugadores, comedor e cóxegas. 

 

Entrega do material escolar e libros

Como en cada inicio de curso, as familias de infantil, 1º e 2ºEP deben entregar os libros e material escolar á súa titora, e antes do comezo das clases na aula que lles corresponde. Para unha información máis precisa consultade a seguinte relación:

  • ED. INFANTIL: Entrega de materiais e cuadernos o xoves 5 e o venres 6 en horario de 10,30h a 12,30h.
  • 1º ED. PRIMARIA: Entrega de materiais e libros o xoves 5 e o luns 9 en horario de 10,30h a 12,30h. LISTAXE
  • 2º ED. PRIMARIA: Entrega de materiais e libros o xoves 5 e o luns 9 en horario de 10,30h a 12,30h. LISTAXE 2º.
  • 3º EP: O material o traen os propios alumnos-as o primeiro día de clase. (LISTAXE 3º)
  • 4º EP: O material o traen os propios alumnos-as o primeiro día de clase. LISTAXE DE 4º
  • 5º EP: O material o traen os propios alumnos-as o primeiro día de clase. (LISTAXE 5º)
  • 6º EP: O material o traen os propios alumnos-as o primeiro día de clase. (LISTAXE 6º)

 

Poñemos en marcha o curso 2019-2020

O tempo de lecer rematou e o colexio xa está aberto dende o luns 2 de setembro. Como cada curso recibimos a novas mestras que ocupan o lugar de outras compañeiras-os. Hoxe luns tamén realizamos o reparto de cursos e especialidades. Se queredes consultar como quedaron as diferentes titorías pinchade aquí. Pouco a pouco actualizaremos os diferentes apartados do sitio web, na medida que avancemos na organización do novo curso

Lembramos algunhas datas de interese:

  • Reunión coas familias de 3 anos: mércores 4, ás 12,30h no Salón de Actos.
  • Entrega de libros de Fondolibros de 4ºEP: venres 6 en Secretaría.
  • Entrega de libros e materiais de infantil, 1º e 2ºEP: (consultar noticia específica na web)
  • Inicio das clases: mércores 11 ás 9h.

 

Listaxes provisionais Fondolibros

Publicamos a relación de alumnado beneficiario dos fondos de libros de texto do colexio para o curso 19/20. Trátase dunha relación do alumnado de 3º e 4º de primaria do vindeiro curso, na que aparecen o número de libros que recibirán. O 5 de xullo publicaremos a listaxe definitiva, e aquí si que aparecerán a relación de libros por materia que recibirá cada alumno-a. Tamén advertimos que podería existir algún cambio entre a relación provisional e a definitiva.

Lembrade que todo o alumnado de 3ºEP recibirá os libros, independentemente de que figure na listaxe, xa que temos existencias de libros suficientes procedentes do banco de libros Cole-APA.

Circular de final de curso

Como cada curso, e chegados case ao remate do mesmo, publicamos esta circular na que deixamos cumprida información de diferentes temas como boletíns, axudas de libros, documentación, etc.

VER CIRCULAR

Avaliación diagnóstica de 3ºEP

Os días 28 e 29 de maio, martes e mércores, o alumnado de 3º curso de educación primaria deste Centro, participará na avaliación diagnóstica, do mesmo xeito que no resto de colexios de Galicia. 

A proba ten finalidade diagnóstica, comprobando o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática. Se aclara que non ten efectos académicos para o alumnado, é dicir, non terá ningunha influencia nas súas calificacións de final de curso, non se trata de nigunha reválida. Terán que  contestar, durante os dous días, aos  items  contemplados en catro cadernos,(cada caderno cúbrese entre 50 e 60 minutos). Tamén as familias recibirán un cuestionario referido ao seu contexto social e cultural.

Para que esta avaliación sexa completa, precisa dun estudo rigoroso do contexto, dos procesos de ensino-aprendizaxe e do alumnado. Esta información obterase a partir de cuestionarios dirixidos, ademais de ao alumnado, ás familias, ao profesorado titor e á Dirección do Centro.

Confiamos que esta información aclaratoria resulte de interés para todas as familias. Se precisades algunha información adicional podedes facer a vosa consulta a través do enderezo: ceip.fernandez.latorre@edu.xunta.es

 

 

 

Axudas libros de texto e material escolar 19-20 (primaria)

No DOG do luns 20 de maio publícase a convocatoria do fondo solidario de libros de texto, así como convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2ºEP e  tamén para material escolar na etapa de primaria para o vindeiro curso. O prazo está aberto ata o venres 21 de xuño. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces; FONDOLIBROS e CHAVE 365. Tamén pode presentarse na secretaría do colexio no horario habitual.

CIRCULAR DO COLEXIO

SOLICITUDE PARA DESCARGAR

 

Admisión de alumnado 2019-20: Listaxes Definitivas

Hoxe 13 de maio publicamos a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso. Ante esta listaxe pódese recurrir a través dun recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de A Coruña.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula obrigatoriamente entre o 20 de xuño e o 01 de xullo,na secretaría do Colexio, aportando a documentación requerida. De non facelo así, perderánse os dereitos sobre a praza obtida. As solicitudes do alumnado non admitido as trasladaremos á Comisión de Escolarización de A Coruña, e serán eles os encargados de asignarlles unha praza noutro centro educativo.

Documentación a presentar:

Powered by Drupal - Design by artinet