Secretaria

Saídas do primeiro trimestre

Xa está dispoñibles para consulta. Hai que ter en conta que actualizaremos este calendario na medida que incorporemos novas saídas. 

Uso da aplicación Abalar Móbil

Se todavía non tes descargada esta aplicación adícalle cinco minutos a visionar o seguinte vídeo, e non dubides e activala para manterte informado-a.

Profesorado no curso 18/19

A continuación podedes consultar como queda adscrito o claustro do profesorado para este curso:

TITORÍAS                ESPECIALIDADES

Estamos de volta co curso 2018-19

Ola a todas e todos. Agardamos que disfrutárades do verán ao máximo e que servira para coller novas forzas e ilusións. O certo é que a partir do luns 3 de setembro o colexio estará aberto no seu horario habitual para facer calquera xestión ou consulta. Como ven sendo habitual nestes primeiros días publicaremos as datas e horas para entregar os materiais e libros nas aulas de infantil e 1º e 2º de primaria, o resto de alumnado xa o traerán eles o primeiro día de clase. Seguramente contade que o xoves 6 e luns 10 serán os días de entrega, pero non vos preocupedes porque o martes xa publicaremos as listaxes de materiais e confirmación de horarios de entrega. O alumnado de 3º e 4º de primaria, beneficiario de Fondolibros ten que recoller os seus libros no horario e datas indicados a finais do curso pasado. Moito ánimo e feliz curso!!.

 

Listaxes definitivas de Fondolibros

Publicamos a listaxe definitiva de alumnado de 3º e 4º de Primaria do vindeiro curso, que será beneficiario do fondo solidario de libros de texto do Colexio, e que recibirán na maioría dos casos ata 6 libros.

Lembramos a todas as familias beneficiadas que a entrega dos libros será:

  1. 3ºEP: xoves 6 de setembro de 9,30h a 12h na secretaría do centro.
  2. 4ºEP: venres 7 de setembro de 9,30h a 12h na secretaría do centro. (detectado un erro no ISBN do Class Book que figura na listaxe de fondolibros, non obstante recibirán o actualizado, o que está indicado na lista oficial de libros 18/19)

Tamén podedes consultar a vosa solicitude e os libros que recibides entrando na web de Fondolibros no menú "Cidadán"

 

Convocatoria de axudas para libros e material escolar.

Como cada ano xa está aquí a convocatoria única para acceder ás axudas para a compra de libros de texto de 1º e 2º de primaria, ou ben para acceder ao fondo solidario de libros de 3º e 4º de primaria, ou tamén e por último para a adquisición de material escolar, todo de cara ao curso 2018-19. A solicitude é única para todo e támén é unica para os irmáns escolarizados no mesmo centro. A información detallada a tedes na circular entregada ao alumnado. Este ano, a novidade principal é a presentación e entrega telemática da solicitude a traves de Fondolibros ou a Chave 365 de Galicia. Se alguén non é capaz de facelo telemáticamente, pode tamén presentar a solicitude e documentación na secretaría do Colexio. O prazo remata o venres 22 de xuño.       (o alumnado de 3ºEP do vindeiro curso recibirá os libros en préstamo do banco de libros Cole-Xunta)

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

FONDOLIBROS

CHAVE 365

Listaxes provisionais do proceso de admisión de alumnado 2018-19.

 

O prazo de reclamacións termina o 30 de abril. As listaxes definitivas publicarémolas o 14 de maio.

Saídas no segundo trimestre

Iniciamos este 2º trimestre que terminará o 23 de marzo coa entrega dos boletíns correspondentes. De momento, xa podedes consultar as actividades complementarias que xa están confirmadas, facendop clic no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/taxonomy/term/17

Powered by Drupal - Design by artinet