Skip to Content

Escola de Música de Foz e Banda de Música de Foz.

O pasado martes 13 de xuño, acudiron ao noso colexio varios mestres da Escola de Música de Foz e algúns membros da Banda de Música de Foz, para realizar unha exhibición ao alumnado e deleitarnos cun concerto didáctico tocando varias cancións de películas de Disney. Amosáronnos parte dos instrumentos que utilizan e explicáronnos o nome dos mesmos, o seu funcionamento así coma o seu son.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.



blog | by Dr. Radut