Skip to Content

Educación primaria

EXPERIMENTO CON CLAVEIS.

Na clase de Ciencias Naturais, realizamos un experimento moi interesante e educativo con claveis, que permitiu aprender acerca da absorción de auga e nutrientes nas plantas.

Queremos expresar a nosa sincera gratitude aos amigos da tenda de flores, Ana Fabeiro Arte Floral, xa que quixeron colaborar amablemente co centro e as flores foron de balde.

(Preme na imaxe para acceder ao documento)

ECO-AUDITORÍA DA AUGA NO CENTRO ESCOLAR.

Onte, os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria recibiron na biblioteca a actividade ECO-AUDITORÍA DA AUGA NA CASA E NO CENTRO, impartida por Martina e Manuel da Universidade da Coruña, na que reflexionamos sobre o consumo de auga e o seu derrame e coñecimos diferentes formas para reducilo a través dunha experiencia práctica nos lavabos do centro.

Esta actividade está organizada pola Universidade da Coruña, no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa dentro do proxecto "Mariña Ambiental".

(Preme na imaxe para ver as fotos)

CHARLA SOGAMA.

Hoxe, o alumnado de Primaria recibiu unha charla de SOGAMA na que explicaron “A REGRA DAS TRES ERRES”, é dicir, os hábitos que debemos ter en conta para reducir a produción de lixo, reutilizar o máximo posible e contribuír á reciclaxe, separando os materiais por tipo e depositándoos no colector correspondente.

XORNADAS PEQUEPEIXE.

O pasado mércores o alumnado de 3º e 4º de Primaria asistimos ás Xornadas de PEQUEPEIXE, organizadas pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) en colaboración con Armadores de Burela S.A. (ABSA). Alí realizamos diferentes actividades entre elas: aprendimos a diferenciar as principais especies pesqueiras e como se etiquetan, coñecimos algúns termos propios da linguaxe mariñeira, realizamos varios xogos na lonxa…

Pasámolo moi ben!

(Preme na imaxe para ver as fotos)

 

CHARLA PLAN DIRECTOR

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron hoxe, unha charla informativa-formativa sobre ciberseguridade e acoso escolar,  impartida por unha persoa experta das Forzas de Seguridade do Estado, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

SERES MITOLÓXICOS.

O alumnado de 4º de Primaria, dentro do Taller de Animación á Lectura, realizou a actividade "SERES MITOLÓXICOS". relacionado co libro "A nena, o monstro e o mar" de Teresa González Costa. Podedes vela na seguinte publicación.

DÍA DO ❤️ E DA AMIZADE. (6º Primaria)

 (Premer nas imaxes para velas máis grandes)

PIRAGÜISMO POLO MIÑO.

O alumnado de 6° E.P. participou en Lugo nas xornadas de aproximación ao piragüismo a bordo dunha embarcación dragón polo río Miño a cargo do Programa Xogade. 

Este programa ten como finalidade achegar o deporte e fomentar os hábitos de vida saudables  a centos de estudantes de toda a provincia.

Aquí deixamos unhas fotiños! 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut