Skip to Content

lingua

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". CAPÍTULO 15.

O noso alumnado de 6º de Primaria déixavos outro novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", no que nos falan dunha palabra que ultimamente citamos moito, a palabra “CHUVIA”. Adiante vídeo!

DÍA DE ROSALÍA. 23 DE FEBREIRO.

 

ENTROIDO 2024.

Aquí tedes todos os vídeos do I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña celebrado o pasado venres no pavillón do noso colexio.

NOVAS DE ÚLTIMA HORA.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz. Para dar comezo, dous alumnos de Primaria leron un manifesto para a Paz. A continuación, todo o alumnado, profesorado e persoal do centro participamos nunha coreografía elaborada por Alba, a nosa mestra de Música, da canción "A mi me gusta la vida" de Funambulista.

PORQUE... "GÚSTANOS A VIDA!"

Podedes ver o vídeo premendo na imaxe.

O MECO DI...

Chega o Entroido e un ano máis o noso amigo O Meco volve coas súas ordes para facernos pasar unha semana moi divertida. Animádevos!

COMPARTINDO CONTOS.

Onte,  disfrutamos na nosa biblio, dunhas sesións de contacontos a cargo do alumnado de 5º de Primaria, nas que compartiron cos máis peques (Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria) os contos “A TEA DE ARAÑA”  e “IRIÑA BAILARINA”.

Sodes uns excelentes narradores!

A continuación podedes ver os vídeos premendo nas imaxes.

VISITA DA APALPADORA

Hoxe tivemos a grata visita da filla do apalpador, Antía Vázquez, acompañada do músico André Espiñeira, para deleitarnos cun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturaron cantigas, lendas e dinámicas. 

Esta actividade está organizada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O SAMAÍN

Aqui vos deixamos unhas recomendacións para ler nestes días de medo...

 

 

EDLG: Dígocho Eu de castelanismos

 

Ola a todos e todas!

Como punto final deste curso dende Dinamización da Lingua Galega realizamos un #DígochoEu con algúns castelanismos que usamos diariamente. Se che apetece averiguar cales incluimos preme na imaxe para ver o ben que o fixeron o alumnado de todos os cursos de Educación Primaria.

 

Bo verán!!

 

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut