Skip to Content

Xacobeo Mariñán

FIN DE CURSO 21-22

O 22 de xuño celebramos no colexio a despedida do curso. 

Primeiro baixamos á praia a xogar e desfrutar dese marabilloso entorno co que contamos preto do noso cole.

Máis tarde, fíxose a entrega de medallas e diplomas para todos aqueles que completaron o Xacobeo Mariñán.

A continuación, varias alumnas do colexio interpretaron bailando a canción Slomo (de Chanel) e fixeron entrega de diplomas e medallas elaboradas por si mesmas. 

Por último, os alumnos desfrutaron xogando no patio así coma na extensa zona verde coa que conta o noso centro.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

MARIÑATUR (25 DE FEBREIRO)

AQUÍ A MARIÑA. Programa informativo.

TELECOGULEO presenta....

Programa informativo "AQUÍ A MARIÑA", adicado a MARIÑATUR, no que interveñen o Presidente da Xunta e os alcaldes da nosa zona. Non o perdades!

(Preme na imaxe para ver o programa)

ÚLTIMA HORA. (Hoxe na Voz de Galicia)

ACONTECEMENTO HISTÓRICO: Don Felipe e Dona Letizia presidirán o acto de inauguración de Mariñatur 2022 o vindeiro 25 de febreiro, nas instalación do CEIP Fondo Nois. Os reis virán acompañados doutras autoridades competentes.

(Preme na imaxe para ler o xornal)

MARIÑATUR. (Vídeo promocional)

O vindeiro 25 de febreiro, inaugurarase a I EDICIÓN DE MARIÑATUR nas instalacións do CEIP Fondo Nois.

Estade atentos ás novas.

XACOBEO MARIÑÁN

Dende a biblioteca do Ceip Fondo Nois estamos a coordinar varias actividades que implican o fomento da actividade física e ao mesmo tempo coñecer as distintas peculiaridades da nosa zona, da Mariña Lucense.  Unha delas é o deseño de alternativas de ocio e de disfrute de toda a familia fóra do horario escolar.

A actividade que vos propoñemos é a de realizar unhas rutas en familia pola Mariña compostas de 15 etapas; de modo que en cada unha delas, recorrades e coñezades cada un dos 15 municipios dos que se compón a Mariña Lucense. En cada Concello indícase unha ruta de sendeirismo e  propoñemos lugares interesantes que poderiades visitar. A cada neno e nena entregaráselles un carné no que se irá selando cada ruta unha vez realizada e xustificada mediante fotos, que podedes enviar ao mail que aparece en dito carné. Animádesvos?

A continuación deixámosvos toda a información: 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut