Skip to Content

Biblio.- Artes: Obradoiros de pintura creativa por Lucía Vila

Esta pasada semana tivemos o grande honor de contar cuns obradoiro de ARTE realizados pola ilustradora mariñá Lucía Vila, que resultou ser unha excelente colaboradora tanto para todo o alumnado, como para o profesorado e demais participantes. Estámoslle moi agradecidos todos a Lucía por unhas xornadas que nunca esquecermos.

E como é moito mellor velo, despois dunhas sesións de creativo e divertido traballo, para mostra un botón, aquí tedes as nosas obras de arte, así como o proceso de elaboración en fotos:

 

Lucía Vila Rego (1984, Benquerencia, Lugo) é unha artista mariñá que compaxina o seu traballo de debuxante e pintora co da docencia en diferentes institutos de Secundaria e outros centros escolares. Licenciada en Belas Artes e Historia da Arte pola Universidade de Salamanca, dedícase principalmente á ilustración de relatos infantís, entre os que destacan os Cuentos de Mariseca para todos los públicos (escrito por Isabel Bernardo, 2010), e os seus cadernos de viaxe, entre  eles os de París, Londres, Santiago de Compostela e Salamanca.



blog | by Dr. Radut